Corte da rúa San Froilán o 15 de febreiro
Con motivo do desmonte dunha grúa fixa no inmoble nº40 da rúa San Froilán, o día 15 de febreiro de 2017, procederase ao corte de dita vía dando lugar ao seguinte operativo de tráfico:
-
Afectará aos e ás residentes e comerciantes da zona 2, motivo polo cal, a empresa procederá ao corte total da rúa San Froilán na súa intersección coa rúa Quiroga Ballesteros, aos efectos de desviar a estos vehículos pola rúa Quiroga Ballesteros
-
Permitirase o acceso a residentes da rúa San Froilán aos seus respectivos garaxes legalmente sinalizados dende a rúa Quiroga Ballesteros (ata o número 40) e pola rúa Nova (dende rúa Montevideo) aos afectados na parte inferior de dita vía
-
Establecerase o dobre sentido de circulación para residentes e comerciais afectados pola rúa Nova, no tramao desta última rúa comprendido entre rúa Montevideo e rúa San Froilán
-
A empresa informará mediante carteis informativos con polo menos 2 días de antelación ao respecto das vías alternativas de acceso ás súas respectivas vivendas
-
En calquera caso, garantirase o tránsito peonil pola rúa San Froilán
