Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte da rúa do Conde o 27 de novembro

Corte da rúa do Conde o 27 de novembro

Dende as 9:00 e ata as 17:00 horas do día 27 de novembro de 2016, vaise proceder ao corte da rúa do Conde no tramo comprendido entre a Ronda da Muralla e a rúa Serra de Ancares, esta última non se verá afectada, debido á montaxe dun guindastre na rúa Monforte, número 2.

Aos residentes afectados do treito da rúa do Conde e da rúa Monforte, facilitaráselles a entrada mediante operarios sinalistas que os informarán das rutas alternativas, pola rúa do Conde ou dende a Ronda da Muralla, segundo a execución da ocupación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/corte-da-rua-do-conde-o-27-de-novembro