Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte da Ronda da Muralla con Recatelo por obras

Corte da Ronda da Muralla con Recatelo por obras

Con motivo das obras de asfaltado do último treito da Rúa Vilalba na súa confluencia coa Praza Xaquín Lorenzo, vaise a proceder dende as 14:45 horas do día 12 de agosto de 2016, ás seguintes medidas en materia de seguridade viaria e sinalización circunstancial:

  • Procederase ao corte da Ronda Muralla na súa confluencia coa Rúa Recatelo, permitindo o acceso a residentes e establecementos afectados da Rúa Vilalba. Un operario sinalista regulará e facilitará información aos usuarios de dita vía
  • Cortarase a Rúa Carril dos Loureiros na súa confluencia coa Rúa Recatelo, permitindo o acceso a residentes e establecementos afectados da Rúa Carril dos Loureiros. Un operario sinalista regulará e facilitará información aos usuarios de dita vía
  • Habilitarase na Rúa Carril dos Loureiros o dobre sentido de circulación para facilitar a entrada e saída de residentes e comerciantes afectados polo corte
  • As liñas de bus urbano que realizan a súa parada na Rúa Vilalba, verán o seu percorrido afectado, trasladándose temporalmente dita parada á Rúa Anxo López Pérez e habilitarase unha parada na Avenida Ramón Ferreiro 14 xunto á oficina de expedición DNI

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/corte-da-ronda-da-muralla-con-recatelo-por-obras