Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Programa de axuda no fogar

Programa de axuda no fogar

  • Tema
    • Dependencia,
    • Servizos sociais
  • Colectivo
    • Familia,
    • Maiores,
    • Persoas dependentes

En que consiste?

Consiste nun conxunto de atencións que se lle presta á cidadanía no seu propio domicilio nos casos en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou ben sufran situacións de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia e evitando así a súa posible institucionalización.

Que tipo de prestacións comprende?

  • Atencións de carácter doméstico
  • Atencións de carácter persoal
  • Atencións de caracter psicolóxico e/ou educativo
  • Atencións de carácter técnico e complementario

Quen son os principais destinatarios do programa?

  • Persoas maiores e/ou dependentes
  • Familias con menores ao seu cargo
  • Persoas con enfermidade crónica

Como se realiza a solicitude de participación no programa?

A través do/a traballador/a social correspondente por zona.

Servizo complementario Xantar no fogar [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-de-axuda-no-fogar

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/servizo-complementario-de-xantar-no-fogar