Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Por unha declaración solidaria

Por unha declaración solidaria

  • Tema
    • ONG
  • Colectivo
    • ONG

Como cada ano, é obrigación dos contribuíntes realizar a declaración da renda. Por iso, é importante lembrar a existencia dunha casa fundamental para o que facer diario das ONG. 

O Estado, encargado de dotar economicamente as subvencións que concede á ONG, ofrece na declaración da renda unha casa onde se pode ler "Asignación de cantidades a fins sociais". Esta casa ten como obxectivo asignar o 0,7%, porcentaxe aprobada no ano 2006, a cofinanciar programas ou proxectos concretos presentados pola ONG en beneficio do seu colectivo correspondente. Programas ou proxectos dirixidos a Infancia e Familia, Novas, Mulleres, Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade, Persoas con Drogodependencia, etc.

Os documentos para cumprimentar o IRPF recollen a posibilidade de simultanear as asignacións a Fins Sociais e á Igrexa católica polo que non é obrigatorio escoller unha das dúas.

Na túa declaración da renda non te esquezas de marcar fins sociais, así podemos facer máis.

+ info

AET - Axencia Tributaria

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/por-unha-declaracion-solidaria