Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Pavimentación e servizos na Rúa Río Oribio

Pavimentación e servizos na Rúa Río Oribio

  • Tema
    • Obras rematadas

Orzamento de licitación 33.347,78 €
Orzamento de adxudicación 32.714,17 €
Data de inicio 23 de outubro de 2012
Data de finalización 21 de marzo de 2013

Contémplase a renovación da rede de abastecemento existente, que é de fibrocemento e discorre por beirarrúa, así como a renovación de pavimentos en toda a rúa. A nova rede estará formada por tubaxe de fundición dúctil, renovándose así mesmo as acometidas e bocas de rega existentes.

As beirarrúas demoleranse para executar a nova rede de abastecemento, e reporase o pavimento das mesmas mediante baldosa hidráulica. O pavimento de calzada renovarase mediante a execución dunha capa de rodaxe a base de mestura bituminosa en quente que proporcionará unha superficie regular e segura para o tránsito rodado. Finalmente, procederase á sinalización horizontal da rúa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/pavimentacion-e-servizos-na-rua-rio-oribio