Parque Rosalía
- Tema
- Medio ambiente
Proxecto do Parque Municipal
Acceso Principal Escala 1:50
Lugo, Decembro de 1922
2 de xullo de 1921, a Corporación Municipal, co Alcalde D. Ángel López Pérez á fronte, acordou a construción dun parque, no que, en palabras do propio rexedor, "poidan os nenos dedicarse con total liberdade aos diversos xogos propios da súa idade, e as persoas maiores achar adecuado lugar de descanso e esparexemento". Naceu como o primeiro gran parque de Lugo aberto a todas as idades e a todas as clases sociais.
O proxecto inicial, do arquitecto municipal Ramiro Sainz Martínez, dividíase en dous trazados, o da meseta, na parte máis alta e próxima á poboación, e o da parte accidentada, que coñecemos como ‘Costas do Parque’, separados por un amplo paseo de 30 metros de ancho, “a modo de espiñazo”, con orixe na rúa do Bispo Aguirre e que continuaba polas actualmente rúas Rodríguez Mourelo e Dr. García Portela.
Relánzanse as obras para terminar o parque en 1927 co arquitecto municipal Eloy Maquieira, que proxectou o muro de contención e peitoril, a pérgola, o quiosco e a escalinata. A planificación da xardinería corresponde ao enxeñeiro agrónomo Juan Cruz de Eguileor. As primeiras árbores foron douscentos titores de piñeiro.
O espazo tardou nove anos en rematarse. Nunca foi inaugurado e, aínda que nun primeiro momento se designou como Parque de Alfonso XIII, trala constitución da II República, a Corporación Municipal acordou denominalo xa Parque de Rosalía de Castro.
Hoxe en día, mantense como un enclave simbólico e máxico para a cidadanía, de gran riqueza patrimonial, histórica e natural.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
Botánica [3]
Coñece a exposición do Centenario [5]
Libro ‘O Parque de Rosalía de Castro o Centenario da súa creación’ [6]