Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Escola Municipal de Música - Plan de estudos

Escola Municipal de Música - Plan de estudos

  • Tema
    • Educación pública

Na nosa escola impártense ensinanzas musicais organizadas en departamentos e coas materias organizadas tal como se describe a continuación:

Departamento de Coñecementos Musicais :

  • Música e Movemento Iniciación 1 e 2, para alumnado de 4 e 5 anos.
  • Música e Movemento Formación Básica 1 e 2, para alumnado de 6 e 7 anos.
  • Linguaxe Musical 1, para alumnado de 8 a 16 anos.
  • Linguaxe Musical 2, para alumnado de 8 a 16 anos.
  • Linguaxe Musical 3, para alumnado de 8 a 16 anos.
  • Linguaxe Musical 4, para alumnado de 8 a 16 anos.
  • Linguaxe Musical 5, para alumnado de 8 a 16 anos.
  • Formación de Persoas Adultas 1, para alumnado maior de 16 anos
  • Formación de Persoas Adultos 2, para alumnado maior de 16 anos.
  • Formación de Persoas Adultos 3, para alumnado maior de 16 anos.
  • Formación de Persoas Adultos 4, para alumnado maior de 16 anos.
  • Formación de Persoas Adultos 5, para alumnado maior de 16 anos.
  • Linguaxe Acceso ao Conservatorio. Para alumnado que queira incorporarse ao grao profesional no conservatorio e teña superados os 5 cursos de linguaxe musical ou formación de persoas adultas e queiran profundizar. Poderánse mesturar alumnos/as menores de 16 cos maiores desa idade.
  • As materias de instrumento están organizados en 3 ciclos de dous cursos cada ciclo. Queda aberta a posibilidade de implantar máis niveis nas materias de instrumento dependendo da demanda, por exemplo para preparar probas de acceso ao Grao Superior de Música ou afrontar repertorio dun xénero moi determinado, jazz, clásica, barroco, renacentista, medieval etc…

Departamento de Vento Madeira:

A este departamento pertencen as seguintes materias:

  • Frauta traveseira.
  • Clarinete.
  • Saxofón.
  • Fagote.
  • Grupo de Saxofóns.
  • Grupos de Clarinetes, Infantil e Adultos.

Departamento de Vento Metal:

Materias que se inclúen:

  • Trompeta.
  • Fliscorno.
  • Trombón
  • Trompa.
  • Bombardino.
  • Tuba.
  • Grupo de Metais Graves
  • Aula de Técnica Básica de Metal Grave

Departamento de Percusión:

  • Percusión.
  • Círculo de Tambores.
  • Percusión de Banda.

Departamento de Música Tradicional:

Dende este departamento impartense as seguintes materias:

  • Gaita.
  • Pito Pastoril Galego.
  • Percusión Tradicional.
  • Grupo de Pandeiretas.
  • Grupo Tradicional
  • Grupo Didáctico de Pito Pastoril Galego

Departamento de Música Moderna:

As materias de este departamento están orientadas cara a musica jazz, blues, e/ou  moderna, así atopamos:

  • Improvisación.
  • Combos.
  • Big-band.
  • Coro de Música moderna.
  • Iniciación á informática musical e á grabación sonora.

Departamento de Agrupacións Musicais e Piano:

Neste departamento encontramos as agrupacións da escola que non dependen de outros departamentos:

  • Banda de Música e Banda de Música Infantil
  • Charanga.

Procedemos agora a describir brevemente cada unha das mateiras:

Música e movemento 1 e 2: Trabállanse as capacidades expresivas, musicais e motrices do neno dun xeito lúdico e divertido.  Para nenos de 4 e 5 anos.

Formación básica 1 e 2: Trátanse aspectos de linguaxe musical dun xeito lúdico para nenos de 6 e 7 anos así coma aspectos da teoría musical, podemos dicir que sería unha primeira aproximación ao linguaxe musical. Nesta materia a finalidade e atender, descubrir e orientar ao alumnado en función das súas aptitudes cara un instrumento ou cara a outro. Dende esta matería tamén se preparan as probas de acceso ao conservatorio para nenos de 8 anos.

Linguaxe musical e formación de adultos 1,2,3, 4 ,5: O alumnado aprenderá a ler, escribir e comprender partituras musicais; comprenden varios aspectos: educación rítmica, auditiva e vocal.

Linguaxe Acceso ao Conservatorio: Para alumnado que queira incorporarse ao grao profesional no conservatorio e/ou teña superados os 5 cursos de linguaxe musical ou formación de persoas adultas e queira profundizar.

Instrumento: O alumnado podera acceder a tocar un instrumento dende os 8 anos.

Improvisación: Trabállanse as bases da improvisación sobre as que o alumnado poderá crear o seu propio discurso musical.

Iniciación á informatica musical e a gravación sonora: Nesta materia traballarase con programas informáticos relacionados coa edición de partituras, gravación básica, tratamento do son, traballo con arquivos MIDI, microfonía, etc.

Banda de Música e Banda de Música Infantil: Achégase ao alumnado ao repertorio bandístico acorde ao seu nivel instrumental.

Big-band: Achégase ao alumnado ao repertorio do jazz, funky, pop, rock, latin-jazz, etc. Dende esta agrupación admítese a matrícula de alumnos que xa toquen instrumentos como a trompeta, saxofón, trombón, batería, percusión piano, guitarra, contrabaixo, etc.

Coro Moderno: Trabállase repertorio de diferentes estilos, pasando polo góspel, soul, jazz, rock ou pop.

Grupo Tradicional: Trabállase repertorio da música tradicional galega.

Grupo de Pandeiretas: Achégase dende esta materia ao repertorio tradicional de canto con acompañamento de pandeiretas.

Grupo de Saxofón, grupo de frautas, grupo de clarinetes: Agrupacións onde se toca repertorio moi variado en grupo cos citados instrumentos. Un complemento perfecto a formación instrumental.

Grupo Didáctico de Pito Pastoril Galego: Trabállase na interpretación de repertorio creado especialmente para esta agrupación única na súa especie en Galicia.

Consulta nesta web o PEC (Proxecto Educativo de Centro) e o RRI (Regulamento de Réxime Interno) para coñecer as liñas metodolóxicas e outras cuestións académicas.

Documentos

  • Plan de formación ESMU Lugo | Descargar pdf [1]
  • Plan de formación da escola | Descargar pdf [2]
  • Composición dos departamentos curso 2017-2018 | Descargar pdf [3]

+ info

Plan de estudos - Programacións
11.39 KB
Departamento de Linguaxe Musical Libros 2016/2017
50.62 KB
Programación oficial da materia da Banda
48.44 KB
Programación oficial da materia da Charanga
64.27 KB
Programación didáctica da materia de Informática Musical e Iniciación á Gravación e Edición de Son
63.47 KB
Programación oficial da materia de Trombón
164.56 KB
Programación oficial da materia de Flauta Travesera
356.37 KB
Programación oficial da materia de Bombardino
1017.15 KB
Programación da materia de Música Tradicional
775.22 KB
Programación da materia de Percusión
319.87 KB
Programación didáctica da materia de Linguaxe Musical
224.29 KB
Programación da materia de Trompa
46.1 KB
Programación da materia de Trompeta
101.38 KB
Programación da materia de Clarinete
97.7 KB
Programación da materia de Piano

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/escola-municipal-de-musica-plan-de-estudos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/00.plan_de_formacion_esmu_lugo.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/01.plan_formacion_escola.pdf
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/02.departamentos_2017-2018.pdf