Consulta pública previa á elaboración dunha Ordenanza Municipal en materia de avaliación técnica de edificios
- Tema
- Planeamento urbanístico,
- Normativa urbanística,
- Licenzas urbanismo
Presentación: Online mediante correo eléctrónico dirixido a ordenanzaurbanismo@lugo.gal [1]
Tipo: Normativa Municipal.
Destinatario: cidadáns, organizacións e asociacións.
Datos salientables:
- Publicación en: BOP Lugo 20-10-2023.
- Taboleiro de Anuncios 23-10-2023.
Destinatarios: Cidadáns, Organizacións e Asociacións.
Prazo de Presentación de opinións: 15 dias naturais dende a publicación no BOP (ata o 6/11/2023).
Durante o expresado trámite de consulta pública, os cidadáns, organizacións e asociacións, que consideren que resultan afectadas pola ordenanza cuxa tramitación se pretende, poden facer chegar as súas opinións, indicando o seu nome e apelidos ou denominación social, mediante correo eléctrónico dirixido a ordenanzaurbanismo@lugo.gal [1], acerca de:
- a) dos problemas que se pretenden solucionar coas anteditas normas.
- b) da necesidade e oportunidade da súa aprobación.
- c) dos obxectivos das normas.
- d) da posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
As alegacións presentadas que cumpran o requisito recibirán acuse de recibo a traves de dita dirección de correo electrónico.
