Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Área de Igualdade

Área de Igualdade

  • Tema
    • Violencia de xénero,
    • Linguaxe sexista,
    • Igualdade de dereitos,
    • Conciliación
  • Colectivo
    • Mulleres

A igualdade é un valor esencial dunha sociedade democrática. As mulleres representamos máis da metade da poboación, e unha sociedade que se di democrática non pode nin debe prescindir desta maioría para o seu desenvolvemento social, económico, político e democrático. É imprescindible que desde o ámbito local sigamos poñendo en marcha plans de actuación específicos para traballar de forma transversal e con perspectiva de xénero.

O Concello a través das diferentes concellerías convértese nunha entidade privilexiada para desenvolver programas dirixidos a pór fin ás situacións discriminatorias, pola súa proximidade ás necesidades e demandas da poboación.

Para iso é necesario establecer unha serie de medidas que permitan o acceso, ao conxunto das mulleres, ás canles socialmente establecidas para a súa incorporación e participación en equidade na vida pública, contribuíndo a facer unha sociedade máis xusta baseada na igualdade e no respecto.

+ info

Plan de Igualdade 2021-2024
327.86 KB
Plan de Igualdade 2021-2024
1.49 MB
IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2021-2024

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/area-de-igualdade