O Goberno saca a contratación a pavimentación e servicios da rúa Pedáneo Xoán Diego

As tarefas, cun orzamento de licitación duns 185.000€ e un prazo de execución de 3 meses, actuarán nun tramo duns 650 metros de lonxitude, emprazado entre a intersección coa rúa Fisterra e a zona da propia Pedáneo Xoán Diego

A licitación o ascensor do Sagrado Corazón, por 252.000 euros. De formato panorámico, terá tres paradas para salvar os diferentes niveis

Con estas actuacións, o equipo de Lara Méndez aposta unha vez máis polos barrios para facer cidade, e por garantirlle á veciñanza disintos servizos que lle faciliten o seu día a día, así como a comodidade; e polo tanto, a súa calidade de vida

Mércores, 03 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno de Lugo vén de aprobar este mércores, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, a licitación das obras de pavimentación e renovación dos servizos da rúa Pedáneo Xoán Diego. Concretamente, o Concello actuará nun tramo duns 650 metros de lonxitude, emprazado entre a intersección coa rúa Fisterra e a zona da propia Pedáneo Xoán Diego.

As tarefas, cun orzamento de licitación duns 185.000 euros e que terán un prazo de execución de 3 meses, consistirán na renovación da rede existente de abastecemento, cunha antigüidade moi elevada. O Concello substituirá a actual por unha nova de polietileno de alta densidade. Así mesmo tamén substituirá a rede existente de saneamento, que data dos anos 60 e foi construída polos propios veciños e veciñas, por unha nova que siga o mismo trazado existente, pero cun lixeiro aumento de profundidade.

Os traballos tamén comtemplan a pavimentación do firme, a sinalización da vía, tanto vertical como horizonal, para delimitar e ordenar o tráfico; e o soterramento das liñas áaérese onde estas cruzan a calzada, é dicir, as liñas de electricidade e telecomunicacións.

Na sesión deste mércores, tal e como anunciara a Alcaldesa o pasado luns, deuse luz verde á licitación do proxecto de construcción dun ascensor de uso público no Sagrado Corazón, cun orzamento duns 252.700 euros e un prazo de execución das obras de 4 meses. O ascensor terá tres paradas para salvar os diferentes niveis: un deles a nivel da praza que dá acceso á igrexa e o outro máis arriba, para enlazar coa cota superior do soportal existente a carón do Salón de Actos do CEIP Sagrado Corazón Esta infraestrutura colocarase no punto visual máis achegado á cidade con respecto á Praza, de xeito que se poida observar unha vez que a persoa viandante se vaia achegando ao barrio, cruzando a ponte existente encima das vías do tren.

O ascensor de uso público, que se prevé construír en formato panorámico posibilitanto as vistas dende o interior, terá un sistema de embarque pola porta sur e desembarque pola norte nas paradas segunda e terceira, a nivel da praza da igrexa e a carón do colexio. A comunicación entre ambos os dous desembarcos superiores do torreón realizaranse a través de sendas paralelas; unha primeira chegando á Praza, salvando un vano de 5 metro, e outra que salva unha distancia de 16 metros, mediante a construción dunha viga-ponte con estrutura metálica. Na planta baixa prodúcese o acceso ao torreón do ascensor. Nesta área proxéctase ubicar a parada de bus urbano que na actualidade está situada a carón da rotonda de Adolfo Suárez con Serra de Meira. Para elo, a actuación compleméntase coa instalación de mobiliario urbano, conretamente colcoando dous  bancos cubertos por unha marquesiña.

Haberá tamén un sendeiro peonil adaptado e aproveitarase para realizar unha limitación efectiva do aparcamento de vehículos nunha área de saída de alumnos do colexio. Tamén se constrúe un tramo de muro e unha escaleira co obxecto de salvar o desnivel que se vai producir na área situada á esquerda da saída do centro educativo.

Estas licitacións publicaranse agora no Perfil do Contratante, tras o que se abrirá un prazo de 20 días naturais para que as empresas presenten as ofertas.

Con estas dúas actuacións, o equipo de Lara Méndez aposta unha vez máis polos barrios para facer cidade, e por garantirlle á veciñanza disintos servizos que lle faciliten o seu día a día, así como a comodidade; e polo tanto, a súa calidade de vida.

Outros asuntos

Entre outros asuntos, este mércores a Xunta de Goberno, que concedeu 7 licenzas para diversas ampliacións e construccións valoradas en 2,5 millóns de euros; acordou prorrogar o contrato do servizo de axuda no fogar por un período máximo dun mes e medio, cun orzamento de 307.250 euros, e o de control da calidade da auga de consumo humano das fontes públicas non concectadas á rede de abastecemento e das piscinas municipais, por un valor duns 3.450 euros. Tamén se abriu o procedemento para a contratación da explotación do servizo de cafetería anexa ao centro social municipal situado no Parque da Milagrosa. Establécese un canon mínimo a satisfacer ao Concello de 400 euros mensuais, e a cafetería deberá estar aberta todos os días, agás os mércores, de 10:00 a 21:00 horas. As e os interesados teñen un prazo de 15 días naturais, dende a publicación no Perfil do Contratante, para presentar ofertas. 

Audio

Noticias relacionadas