O domingo será a última proba do Corre con Nós no que este ano se inscribiron case 1.800 atletas

Venres, 15 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A última proba do XII Circuíto de Carreiras Populares Corre con Nós terá lugar este domingo, día 17 de xuño, segundo informa a Concellería de Deportes.

A proba, que conta cunha inscrición de 1.789 atletas pertencentes a todo o circuíto, terá lugar no recinto polideportivo de Frigsa. Concretamente, a saída e meta estarán situadas fronte á Piscina Municipal de Frigsa.

A hora de saída está prevista ás 12.00. A distancia que recorrerán os participantes será de 5.500 metros. A proba consistirá en dúas voltas por un itinerario totalmente asfaltado e discorrerá polo interior do parque de Frigsa, rúa Montefaro e Avda. Infanta Helena.

A previsión é que esta carreira dea como gañadores do circuíto a Nicolás Arrojo, na categoría masculina, e Patricia González, na categoría feminina, xa que actualmente encabezan o ranking absoluto nas súas respectivas categorías.

Unha vez rematada a proba, os corredores e corredoras recibirán o habitual avituallamento cedido por Acuabona e Larsa, ó temo que recibirán o vale regalo dunha camiseta para canxear nun dos colaboradores do circuíto, o Centro Comercial As Termas. A continuación terá lugar a entrega dos trofeos anuais por categorías que serán entregados ós tres primeiros e primeiras clasificad@s dende a categoría E ata a última, que é a N.

O último acto será a proclamación dos dous vencedores finais do circuíto 2011-2012. Na pasada temporada os gañadores foron Nicolás Arrojo e Noemí Moral.

Máis información en deportes.lugo.es

 

Multimedia

Noticias relacionadas