O Concello organizará un curso para parados de dixitalización de documentos

Xoves, 16 de setembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a celebración dun curso de “Especialista en dixitalización de documentos”. Trátase dunha acción formativa destinada a persoas inscritas nas Oficinas de Emprego. O número de prazas é de 15.

A organización do curso ten un importe de 32.250 euros e está subvencionado con pola Consellería de Traballo. Levarase a cabo desde este mes de setembro ata o 30 de novembro cunha duración de 250 horas.

Con este curso o Concello trata de facilitar a persoas sen emprego a formación necesaria en novos sectores con futuro laboral. Por este motivo, o Concello tamén ten solicitados á Xunta dous obradoiros de emprego. Un deles o obradoiro de emprego “A Fonte de papel” sobre dixitalización de fondos do arquivo municipal para 26 desempregados maiores de 25 anos e outro para a rehabilitación das antigas escolas de Bocamaos e Pedreda, con 16 prazas.

A Xunta de Goberno acordou tamén delegar na Concelleira delegada da área de Economía e Emprego a competencia para resolver todos os actos de trámite e resolutivos en relación coa contratación das obras de pavimentación e servizos na rúa Otero Pedraio (tramo Avenida da Coruña-Río Eo). O obxectivo e axilizar a tramitación do proxecto. Esta obra ten un presuposto de 255.400 euros e inclúese no Plan de Obras e Servizos que financian o MAP, a Deputación e o Concello, que achegará ao redor do 70% do orzamento.

Noticias relacionadas