O Concello adxudica as obras de pavimentación da glorieta de Benigno Rivera, fundamental para a mobilidade no Ceao

Martes, 30 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello vén de adxudicar por importe de 50.290€ o proxecto para renovar o pavimento e repoñer a sinalización da glorieta situada na intersección da Avenida Benigno Rivera e a rúa da Agricultura, un nó de comunicacións, fundamental para a mobilidade no polígono do Ceao e a saída e entrada da cidade. Con esta actuación o Goberno cumpre co tecido empresarial do Ceao, onde tamén está a acometer xa a renovación do asfalto da rúa dos Artesáns. Ambas obras mellorarán a seguridade viaria e a comodidade dos conductores destas calzadas, que, debido á gran densidade de tráfico que soportan, tanto de turismos como de vehículos pesados, atópanse deterioradas.

O proxecto da glorieta de Benigno Rivera inclúe a renovación do pavimento e a reposición da sinalización existente. O prazo de execución é de 2 meses.

En canto ás obras na rúa dos Artesáns, cun orzamento de 39.000€, consiste na renovación do pavimento e a reposición da sinalización horizontal. O ámbito de actuación é a calzada esquerda entre Benigno Rivera e a rúa Dos Canteiros, e toda a sección entre as rúas dos Canteiros e da Industria. O prazo de execución é dun mes.

O Goberno cumpre con dúas importantes reivindicacións do tecido empresarial do Ceao. É froito tamén do convencemento de que as infraestruturas de comunicación son vitais para que un polígono, as súas empresas, sexan competitivas, poidan seguir xerando riqueza e emprego en Lugo, en definitiva, para que teñan futuro.

Noticias relacionadas