O CEI-Nodus acolle dúas novas iniciativas empresariais da cidade

Venres, 28 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo, destinado á promoción económica da cidade como apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais,
conta con dous novos negocios nas súas instalacións:

- O fotógrafo Peter Schneider abriu o seu estudo de fotografía no Centro de Empresas lucense, especializándose na fotografía dixital dirixida sobretodo á imaxe publicitaria.

O emprendedor traballa desde 1988 como fotógrafo en estudos de fotografía social, estudos de publicidade e en axencias publicitarias. En 1992 comezou o seu traballo como freelance. En 1993 ganou a Beca de Arte Fotográfico do Estado Federal de Baixa Sajonia cunha serie sobre Galicia e en 1994 publica o libro de fotografía: “Zwanglos“.

De 1998 a 2004 viviu en Malpica e agora reside en Lugo desde donde traballa para diferentes axencias de publicidade, empresas e editoriais.

www.fotopeterlugo.com

- Inde Estudio Técnico C.B. Da cobertura ás demandas de proxectos de enxeñería para o sector inmobiliario, industrial e comercial, completando a súa actividade cun servizo de delineación e a realización de paquetes de marketing.

Realízanse proxectos de edificacións industriais, de instalacións necesarias para o funcionamento de calquera tipo de edificio ou actividade, direccións de obra, estudos e informes, fichas técnicas...

En canto ao servizo de paquetes de marketing está orientado fundamentalmente ás empresas promotoras, construtoras e inmobiliarias. Consiste na aplicación da informática ao deseño e á animación xerando imaxes por ordenador que tratan de imitar ás imaxes tomadas por cámaras fotográficas, simulando os efectos de luces e sombras, texturas,etc.

Os traballos de alineación desenvolvidos pola empresa pretenden dar servizo a estudos de arquitectura, así como a outras oficinas técnicas ou empresas para a realización de planos, modificacións de planos 2D ou 3D, deseño de distribucións, pezas para vistas 3D, pezas para mecanizado e maquinaria de control numérico e planos para rexistro de patentes.

Centro de empresas e innovación
O Centro de Empresas e Innovación (CEI) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Con este obxectivo o CEI céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. Así, combínanse as infraestruturas coa asesoría técnica para facilitar o arranque e a consolidación de proxectos empresariais. Para elo o patrocinase a cooperación entre as empresas situadas no Centro co obxectivo de conseguir unha mellor inserción no mercado.

A segunda das áreas de servizo do CEI é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo.

Finalmente o CEI ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ao I+D+i.

Estas tres áreas de servizo buscan promover novos investimentos na provincia de Lugo por medio de iniciativas empresariais que contribúan ao desenvolvemento económico do Concello.

cei.lugo.es

 

Noticias relacionadas