O Alcalde de Lugo participa xunto cos nenos do Colexio Luis Pimentel nun taller de animación infantil sobre as costumes navideñas en Europa

Xoves, 17 de decembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participaron xunto cos alumnos do Colexio Luis Pimentel, nun taller de Nadal sobre as costumes navideñas nos estados membros da UE.

O Centro de Información Europa Direct de Lugo está a organizar talleres de animación infantil para nenos co propósito de achegar as costumes navideñas de cada estado membro aos máis pequenos.

Os rapaces e rapazas coñecerán as costumes doutros países, aprenderán a facer regalos, realizarán xogos e aprenderán as tradicións destas datas en Europa. Ademais coñecerán os saúdos navideños en distintos idiomas identificándoos con cada país.

Europe Direct-Lugo
Europe Direct-Lugo é o punto desde o que o Concello de Lugo ofrece un servizo de proximidade que permite obter información, asesoramento, axuda e respostas ás dúbidas sobre a lexislación, as políticas, os programas e as posibilidades de financiación da UE.

Europe Direct-Lugo ofrece información sobre as prioridades de comunicación da Comisión, potencia a participación en debates e discusións con outros cidadáns europeos seguindo a axenda europea nun contexto nacional, rexional e local promovendo unha cidadanía europea activa e contribuíndo ao desenvolvemento dun espazo público europeo.

Europe Direct-Lugo proporciona un completo servizo de información sobre temas relacionados coa Unión Europea:

- Consultas. Pódense realizar persoalmente, por teléfono, fax ou por correo electrónico.
- Acceso a documentación relacionada coa Unión Europea: folletos divulgativos, lexislación comunitaria, publicacións oficiais, etc.
- Acceso desde os ordenadores do centro ás bases de datos comunitarias e outras fontes de información da UE.
- Información a través da páxina web e do boletín electrónico mensual de toda a actualidade sobre as políticas da Unión Europea.

O Centro permanece aberto de luns a xoves en horario de 8:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00, e os venres de 8:30 a 14:30. Os meses de xullo e agosto de 8:30 a 14:30.

Ademais, pon á disposición da mocidade a nova web do Concello con información sobre a UE, www.lugo.es/europedirect.

Na web está toda a información de interese sobre a relación coa UE, sobre todo en materia laboral e de formación. Pódese acceder a través da páxina do Concello www.lugo.es. O portal facilita unha comunicación ao día de todo canto está facendo a Unión Europea.

Multimedia

Noticias relacionadas