Lara Méndez visita as obras na parcela municipal, que comunica a rúa Vázquez Queipo e a rúa das Fontes por importe de 6.000 €

A obra foi adxudicada a URBACONSA LUGO S.L.

Luns, 03 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez visita as obras na parcela municipal, que comunica a rúa Vázquez Queipo e a rúa das Fontes por importe de 6.000 €

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo edil de Urbanismo, Miguel Couto, achegaronse nesta maña a revisar as obras na superficie de terreo que forma parte dunha parcela municipal, que comunica a rúa Vázquez Queipo e a rúa das Fontes por importe de 5.856 € adxudicada a URBACONSA LUGO S.L.

A actuación afecta exclusivamente a terreos de propiedade municipal e as obras consisten na pavimentacion dunha banda de terreo que se atopaba en terras, ademáis dunha pequena rampla de formigón situada no extremo máis próximo á rúa das Fontes.

As tarefas inclúen o desbroce e limpeza do terreo, a demolición do pavimento de formigón, execución dun novo firme mediante unha capa de zahorra artificial, pavimento de formigón impreso con acabado color gris.

Multimedia

  • Lara Méndez visita as obras na parcela municipal, que comunica a rúa Vázquez Queipo e a rúa das Fontes por importe de 6.000 €

Noticias relacionadas