Hoxe presentouse unha nova iniciativa emprendedora que baixo o nome de Abrigo Verde elaborará roupa con peles recicladas

Luns, 25 de novembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, a emprendedora Inés López Penelas e fundadora da empresa INPE Leather Desing, e a artista internacional, Soraya Arnelas, presentaron a marca ecolóxica Abrigo Verde coa que se crearán novas pezas de roupa e complementos empregando pel reciclada.

Sonia Méndez incidiu “na importancia de que empresas de Lugo leven a cabo novas ideas e ademais nos que se empregan a reciclaxe, a solidaridade, e os recursos dos que dispón a nosa terra para comercializar novos produtos.”

Esta marca recolle dende abrigos, roupa, e complementos que terán como símbolo un trebol de catro follas como elemento de boa sorte. Desta maneira, comercializarase ao longo do Camiño de Santiago, complementos como pulseiras, co mesmo simbolo do trebol para que atraian a sorte dos peregrinos. A peculiaridade destas prendas é que se confeccionarán con outras de pel que se deixaran de usar polos clientes dando continuidade ao produto e baixando os costes de produción dos mesmos. En canto ás pulseras e complementos, foron elaboradas por membros das asociacións Alume e Aspnais, ademais de que destinará unha parte dos beneficios a proxectos de reponsabilidade social en colectivos de persoas con dificultades para a integración social. A imaxe desta firma lucense é a cantante internacional Soraya.

Multimedia

Noticias relacionadas