Este domingo comezan os actos conmemorativos do Día de Europa na cidade de Lugo

Luns, 09 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo organiza para o domingo e o luns os actos en conmemoración do Día de Europa.

Os actos serán organizados pola oficina Europe Direct, comezarán o domingo cunha programación especialmente adicada os nenos de Lugo baixo o lema “A nosa Europa”. Para o luns, 9 de maio, está prevista a celebración do acto institucional.

O domingo, desde as 11 da mañá ata as 5 da tarde, celebraranse na praza Maior diversas actividades como xogos, xincana, obradoiros de debuxo e outras actividades. Nelas entregaranse ós pequenos que gañen os xogos un regalo consistente nun xogo chamado “Xogamos por Europa”, que se elaborou desde o centro de información Europe Direct-Lugo, en colaboración cos centros da Comunidade de Madrid, o Concello de Segovia, a Federación asturiana de concejos e a Cámara de Comercio de Oviedo.

No acto institucional do Día de Europa que terá lugar o luns, ás 12 da mañá, diante do Concello, terá lugar a lectura do manifesto conmemorativo a cargo do Alcalde, José López Orozco, así como o izado de bandeiras e a interpretación do himno europeo.

www.lugo.es/europedirect

 

Multimedia

Noticias relacionadas