A edil Olga López Racamonde mantivo un encontro coas persoas representantes dos colectivos para traballar na posta en marcha da 16 edición do mercadiño.
A cita, unha constante no Nadal, pretende poñer en valor as capacidades das persoas que aglutinan estas entidades e o labor que realizan.
- Tema

A concelleira de Benestar, Olga López Racamonde vén de manter unha xuntanza coas entidade sociais do municipio para preparar unha edición máis, a 16ª, da feira solidaria Diversiarte.
Durante o encontro, que tivo lugar nas instalacións municipais da Casa Clara Campoamor, acordouse celebrar esta cita, como vén sendo habitual, no mes de decembro, concretamente os días 14, 15 e 16 en quenda de mañá e de tarde.
O evento, organizado conxuntamente polo Goberno de Lara Méndez co tecido social lucense, servirá, de novo, para enxalzar e visualizar o labor diario que levan a cabo “abordando problemáticas moi diversas e para as que o contexto social actual está a supoñer tamén un esforzo engadido á hora de loitar contra a vulnerabilidade que padecen estes colectivos”, engadiu López Racamonde.