27 obxectos xeniais e cotiáns, heroes ocultos dunha exposición que acolle a Praza Horta do Seminario

Carmen Basadre e José María López inauguraron esta innovadora mostra, que permanecerá aberta ata o 7 de xaneiro en horario de mañá e tarde

Entre os elementos que se poden atopar na exposicións destacan os seguintes: lápis, cremalleira, paraugas, misto, fregona, lata, bombilla ou abanico, entre outros

Xoves, 22 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
27 obxectos xeniais e cotiáns, heroes ocultos dunha exposición que acolle a Praza Horta do Seminario

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director de Área de Negocio de CaixaBank en Lugo, José María López, inauguraron este xoves, na Praza Horta do Seminario, a mostra Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns. O Concello colabora con esta exposición, a cargo do Vitra Design Museum en cooperación con Hi-Cone, organizada pola Obra Social "la Caixa”.

Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns, é unha innovadora mostra de divulgación do deseño daqueles elementos que compoñen a rutina e as costumes diarias. Elementos ideados para facer a vida cotiá máis práctica e cómoda, e que perduraron no tempo, algúns deles practicamente sen modificacións, transcendendo con toda seguridade as propias pretensións dos seus creadores. Inventos, todos eles, que non pasan desapercibidos no día a día, afeitos xa ao seu uso habitual, pero que modularon a existencia de forma concluínte e evidente. Os 27 elementos que se poden atopar son os seguintes: arquivador de anillas, lápis, plástico de burbullas, tirita, cremalleira, clip, velcro, cinta adhesiva, taco de parede, mosquetón, paraugas, portalatas, tetabrick, goma elástica, pinza para tender, sacachorchos, bombilla, misto, bolígrafo, lata, notas adhesivas, lego, bolsa de té, botixo, fregona, abanico e aceiteiras antigoteo.

Como chegaron estes obxectos para ser verdadeiros heroes ocultos? Probablemente trátase de algo relacionado cunha idea enxeñosa, aínda que facilmente comprensible. Os heroes ocultos son obxectos que foron fabricados millóns de veces, pero que seguen sendo indispensables no día a día. Demostraron a súa valía unha e outra vez e, en esencia, permaneceron inalterables durante décadas. Dito doutro xeito, son clásicos cotiáns.

E por que é interesante fixarse neses obxectos cotiáns? Porque, en tanto que produtos industriais, encarnan ideais da modernidade que aínda hoxe son relevantes: economía de materiais, funcionalidade e durabilidade.

O desexo de calquera deseñador é crear produtos perdurables como eses. Coas pezas, imaxes e vídeos que presenta a exposición analízanse catro aspectos:

1. Innovación: a fascinante historia da invención dos devanditos obxectos.

2. Produción: as condicións técnicas da súa exitosa fabricación a gran escala.

3. Evolución: o seu desenvolvemento histórico e a asombrosa diversidade de modelos e variantes que xeraron.

4. Inspiración: a súa estética, que segue estimulando o traballo de artistas e deseñadores.

Laboratorio de actividades

No marco da exposición, a Obra Social “la Caixa” incorpora o CaixaLab Experience, un espazo adicional situado ao final da exhibición que se materializa nun laboratorio de actividades. Trátase dun taller interactivo e multimedia a través do cal os visitantes poderán aprender o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora, experimentando en vivo e en directo o proceso a través de distintas actuacións. O espazo está dirixido a mozos de 14 a 18 anos, xa que se atopan nunha idade de formación clave para descubrir as súas aspiracións profesionais. Aínda así está aberto a todos os visitantes da exposición para que tamén poidan participar nas actividades que ofrece e que constitúen unha forma distinta de acceder ao espírito emprendedor e ao seu fomento.

Horarios

Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns, poderase visitar ata o 7 de xaneiro, de luns a venres, de 12:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 horas, e sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 horas. Haberá visitas guiadas, ás 19:00 horas todos os días da semana, e tamén ás 12:00 horas os sábados, domingos e festivos. Tamén se poden programar visitas para escolares e para grupos. A entrada é totalmente gratuíta.

En canto ao horario de Nadal, os días laborales non lectivos a mostra estará aberta de 10:30 a 14:00 horas, e de 16.30 a 21:00 horas; e sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. O 24 e 31 de decembro permanecerá aberta de 11:00 a 14:00 horas, e o 25 de decembro e 1 de xaneiro, pechada.

Noticias relacionadas