Día Internacional dos Arquivos 2017

O día 9 de xuño de 1948, a UNESCO creou o Consello Internacional de Arquivos (CIA), e con ese motivo celébrase o Día Internacional dos Arquivos 

O CIA promove este evento coa seguinte finalidade: descargar PDF

9 de xuño de 2017

A vida cotiá no Cárcere do Partido Xudicial de Lugo

Os documentos de arquivo, teñen dúas funcións principais :garantir os dereitos do cidadanía e servir de fontes para a memoria dos pobos , neste caso a que nos leva a reconstruír a historia desta cidade na que habitamos.

Neste ano con motivo da inauguración do edificio, recen restaurado, que naceu como Cárcere do Partido Xudicial,en 1888, convértindose en Prisión Provincial no ano 1913, pasando polas distintas etapas posteriores, unhas máis tristes que outras, e que pechou as súas portas no ano 1981, o Arquivo Municipal , a través dos expedientes, fotografías, planimetría e rexistros que custodia, tivo a oportunidade de poder reconstruír nunha pequena mostra , nos baixo do actual Centro cultural do Vello Cárcere, os motivos, o proxecto do edificio e o funcionamento deste antigo correccional : o segundo “cárcere modelo” do Estado español .

Pero aínda nos quedaban aspectos da vida cotiá dos reclusos que penaron nas súas celas e pasearon polos seus patios , construídas cun alarde de medios , hixiene e seguridade inauditos da época.

Por ese motivo, neste día tan sinalado para reivindicar o papel que xogan os arquivos municipais nas nosas vidas decídemos amosar documentos, que aínda que non sexan tan vistosos ou tan “bonitos “ como os expostos noutros anos, teñen un alto valor histórico pola información que conteñen e de paso darlles a coñecer un pequeno resumo da “vida carceraria” dos nosos presidiarios decimonónicos e dos recen estreado, daquela, século XX.

Esperamos que sexa do seu agrado.

 


 

O cárcere do Partido Xudicial de Lugo foi inaugurado o 23 de Xullo do 1888, pero a súa construción foi proxectada dende o ano 1884, durante estes anos a Deputación Provincial achegou fondos para a súa construción .
Aquí amosamos unha páxina do Libro de contabilidade destas achegas.

O Concello de Lugo, como cidade cabeza do Partido Xudicial, a través da súa Depositaria, levou a cabo o contabilidade dos ingresos para a súa construción, así como a responsabilidade da formación e xestión dos orzamentos deste establecemento carcereiro.

O cumprimento da entrega das achegas económicas para a sustentabilidade do Cárcere é , a seguir, motivo de reclamación entre os Concellos do Partido Xudicial, ao non achegaren sempre no tempo debido as cantidades endebedadas.

 


 

Os presos recluídos neste Cárcere, non se libraban nin de enfermidades comúns nin doutras afeccións máis serias que requirían do seu ingreso hospitalario. Esta atención médica dábaselles no Hospital Municipal, sito na praza de San Domingos, no antigo convento desamortizado, onde convivía con outros servizos municipais, nestas datas en non moi boas condicións.

Non sempre sobrevivían á causa que os levaba a este establecemento, o que tamén queda rexistrado xunto co control destes ingresos e saídas do mesmo nestes oficios .

Os gastos farmacéuticos dos reclusos que non tiñan que recibir tratamento hospitalario corría ao cargo dos orzamentos que xestionaba o noso Concello.

Pola falta de fondos, a non estar sempre ao día a achega dos concellos do Partido, e ao non poder pagar os medicamentos, ás veces xurdía a suspensión do subministro por parte das farmacias da cidade.

 


 

Os reclusos facían dúas comidas ao día, unha pola maña, logo dos primeiros traballos, e outra pola tardiña. No “servizo mediodía” servían primeiro aos homes e no da noite ás mulleres, polo menos en Lugo

En principio, o chamado “rancho” estaba destinado aos presos coñecidos como “presos pobres”, pois o resto podía introducir a súa propia comida. Ademais do exquisito celo que se lle exixía ao xefe do cárcere no fornezo de víveres e na preparación da alimentación, dábanse outras circunstancias que influían no resultado, sendo fundamental o bo servizo do “contratista” ao cal o noso Concello adxudicaba o subministro de víveres para estes “presos pobres”, contratación que se facía cada ano.

Se temos en conta a poboación reclusa no Cárcere de Lugo e mais os rexistros de gastos deste tipo de presos, a meirande parte era mantida pola Beneficencia do Concello de Lugo, ben a cargo do orzamento independente da institución carceraria, ou ben, nos casos necesarios, ao do propio Concello da cidade.

 


 

A tuberculose, máis coñecida na época como “tisis”, era ata fai pouco unha enfermidade endémica en Galicia.

No noso Cárcere, logo da consulta dos partes de alta e baixa do Hospital Municipal, chegamos á conclusión de que era unha das causa de ingreso máis habituais do “presos pobres”, no Hospital Municipal.

 


 

+ info

 

Outros anos

Grazas por chegar ata aquí e polo seu interese.

A Alcaldesa dona Lara Méndez, o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Xosé Daniel Piñeiro Villares, ademais  do persoal do Arquivo Municipal esperan que disfrutaran con esta pequena mostra do patrimonio documental deste Concello e cidade de Lugo.