Día Internacional dos Arquivos 2017 - Charla

Co motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos o Arquivo Municipal deste Concello está a levar a cabo distintos actos para conmémoralo, entre eles programouse una charla sobre a historia da cidade durante os que se levou a cabo o proxecto e construcción do Cárcere do Partido así como a historia da construcción da mesma e os avatares polos  que pasaron os seus muros ao longo do tempo.

14 de xuño de 2017
Centro Cultural O Vello Cárcere

Baixo o titulo “A construcción do Cárcere do Partido Xudicial e a cidade lucense da época” , Mª Jesús Saavedra Carballido , arquiveira municipal, expoñerá quen gobernaba en Lugo nese momento,  a configuración urbana da cidade, así como os usos e costumes dos seus cidadáns/as.
 
O eixo da charla será o orixe do hoxe xa coñecido como Vello Cárcere, como se realizou o seu proxecto e a vida que levaban os reclusos da mesma durante a última década do século XIX e a primeira parte do século XX, engadindo as razóns polas que se constrúe : novas ideas , nova lexislación e novos obxectivos para os cárceres ,  na España decimonónica, que está a espertar nos distintos eidos do seu atraso secular e tamén nunha cidade , Lugo que está a comezar unha época de desenvolvemento, dentro do atraso finisécular dunha Galicia gobernada polo caciquismo e  que en poucos anos  faríase coñecida  co celebérimo retrato feito por  Castelao.