17º Certame de Pintura ao Aire Libre Cidade de Lugo

Neste concurso poderán participar todos os artistas maiores de 18 anos que así o desexen, presentando unha única obra, que non se poderá asinar ata o momento no que se coñeza o ditame do xurado, composto por profesionais das artes plásticas.

9 de xullo de 2017
Diversas/os rúas/espazos da cidade

O estilo e a técnica serán libres e a súa temática xirará sobre a cidade de Lugo en toda a súa extensión. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural. O soporte non superará as medidas de 100x81 centímetros, e presentarase o día do certame das 09:00 ás 11:00 horas na Concellería de Cultura para ser selado. O tempo para presentar as obras rematará ás 17:00 horas e realizarase o control na Praza Maior, onde se coñecerá o ditame do xurado ás 18:00 horas. A partir dese momento, as e os autores dos cadros non premiados poderán poñer á venda as súas obras, asinándoas e poñéndolles na parte traseira o seu importe. Esta exposición ao aire libre prolongarase ata as 20:00 horas, e mesmo as persoas participantes poden acudir con obras non premiadas de edicións anteirores e poñelas á venda xunto coas deste ano.

O importe total dos premios é duns 5.500 euros distribuídos deste xeito: un primeiro premio dotado con 1.500 euros, un segundo con 1.000 e un terceiro, con 800. A maiores hai 6 accésits de 300 euros e un premio especial ao artista local, nacido ou residente en Lugo, de 450 euros. Ademais todas as persoas galardoadas recibirán un diploma acreditativo.

As inscricións, que serán gratuítas, realizaranse na Concellería de Cultura o propio día do certame. Para máis información, os interesados poden chamar aos teléfonos 982-29-72-12 ou 982-29-72-16, así como enviar un correo ao enderezo electrónico a cultura@concellodelugo.org

Máis info

  • Tríptico "Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo" | Descargar jpg