A Xunta Local de Seguridade do Concello de Lugo reuniuse esta mañá co obxectivo de coordinar o traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, afirmaron que o principal obxectivo do traballo en común é garantir a seguridade de toda a cidadanía para que disfruten da festa familiar sen ningunha preocupación.
Os Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Protección da Comunidade, José Rábade, mantiveron esta tarde unha xuntanza cos comerciantes da rúa San Marcos para tratar sobre o proxecto de peonalización desta céntrica rúa que farán o Concello e a Deputación con fondos do Plan Urban.
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto das obras de repavimentación da rúa da Raíña e San Froilán por un importe total de 1010.427 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a solicitude de subvención á Consellería de Traballo para o obradoiro de emprego denominado “Lugo 10”, para a restauración das antigas casas escola de Bocamaos e de Pedreda. Como explicou o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, esta solicitude ten como obxectivo formar e insertar laboralmente a 16 alumnos e alumnas- traballadores e traballadoras.
A folga de funcionarios foi secundada por 49 traballadores do Concello de Lugo, que representan o 6,16 % dos 796 funcionarios e empregados que ten a institución, segundo informou o Concelleiro de Réxime Interior e Protección da Comunidade, José Rábade.
Rábade sinalou que os departamentos nos que tivo máis incidencia a folga foron Estatística, Contratación, Facenda Local e Tesourería.
A Mesa xeral de negociación do Concello de Lugo acordou hoxe os servizos mínimos da folga de funcionarios do 8 de xuño.
- Policía Local: As quendas correspondentes
- Extinción de Incendios: As quendas correspondentes
- Servizos Eléctricos: Dous traballadores
- ETAP e Depósitos: As quendas correspondentes
- Brigada de Augas: Dous traballadores
- Cemiterio: As quendas correspondentes
- Parque Móbil: Un traballador
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denegou o pago de 180 euros de nocturnidade que pedían varios policías locais nun recurso contencioso administrativo.
A sentenza da Sala do Contencioso do Tribunal Superior coincide coas teses defendidas polo Concello de pagar só a nocturnidade.
O pronunciamento do Alto Tribunal galego é consecuencia do recurso que interpuxeron varios policías contra un acordo da Xunta de Goberno Local de novembro de 2006 que aprobou a Relación de Postos de Traballo para o ano 2007.
O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno aprobou a modificación dos orzamentos municipais seguindo as pautas marcadas pola Federación Española de Municipios e Provincias para a rebaixa dos salarios da Corporación Municipal.
Segundo explicou Rábade, o alcalde rebaixará o seu soldo nun 8% e o resto de concelleiros nun 7%, o que suporá un aforro para o Concello de 30.000 euros no ano 2010 e de 45.000 no ano 2011.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, recibiu no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de cinco integrantes de Rotary Club que están a visitar Lugo.
A visita englóbase dentro do programa de intercambio internacional denominado I.G.E. Trátase de integrantes de distintas profesións (profesora de música, policía montada, promotora da universidade, azafata, ..).
O Concello de Lugo e o RACC lanzan a campaña Econdución: por un uso máis racional do automóbil, que a través do lema Lugo practica a Ecoconducción: móvete en transporte público sempre que poidas, persegue reducir déficits de información e de formación detectados entre os condutores en relación ao impacto medio ambiental dos automóbiles.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- …
- seguinte ›
- última »