O Concelleiro de Protección da Comunidade, Réxime Interior e Transportes, José Rábade, presentou hoxe os cursos de conducción eficiente cos que os lucenses poderán aprender a adoptar medidas para reducir as emisións de CO2 na conducción, así como promover un aforro do combustible. Nesta presentación estivo acompañado polo Director do INEGA, Juan José Álvarez Carril, o Delegado en Lugo da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés, o responsable de divulgación da Fundación Sotavento, Manuel Díaz, e o xerente de Autolusa, Vicente Quintás.
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, deu conta do acordo adoptado na Mesa Negociadora na que participaron os representantes dos traballadores do Concello de Lugo.
Rábade cualificou de “moi satisfactorio o acordo que apoiaron unha boa parte dos sindicatos deste Concello”: UGT, CIG e Candidatura Independente.
As liñas básicas deste acordo son as seguintes:
* Unha suba salarial do 2% tal e como fixa a Lei de Orzamentos
* Os 36 euros da productividade que se cobraba en 11 mensualidades, pasan a formar parte do específico, cons
Hoxe, día 13 de outubro, con motivo da celebración do Día Europeo da Seguridade Viaria, o Concello de Lugo, esta a levar a cabo unha impresionante campaña de impacto visual para que todos, tanto peóns como condutores sexan conscientes da importancia que ten respectar as normas de seguridade, non só en vías interurbanas senón tamén nas urbanas para seguir coa liña descendente nos datos de accidentes e mortes nas nosas estradas.
Para levar a cabo esta campaña o Concello colocou no tramo peonil da Ronda da Muralla un vehículo siniestrado xunto un cartel co lema: “Conductor non te arris
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, deu conta do acordo adoptado na Mesa de Negociación do Concello de Lugo relacionada coa Policía Local e na que participaron os representantes dos traballadores do Concello.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e o Xefe do Gabinete de Tráfico, Manuel García Ferreiro, presentaron hoxe o Plan de Tráfico para as festas de San Froilán 2008 co que se persegue ser o o máis práctico e efectivo posible.
O Plan ten como principal obxectivo ordenar a circulación na cidade para causar as menores molestias os veciños e vecinos durante os días de festa, polos cortes de tráfico, e potenciar o uso do transporte urbano.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, participou hoxe nunha Comisión de Asuntos Xerais convocada por acordo dos tres grupos políticos con representación municipal en na que estiveron presentes o Presidente da Asociación Provincial de Autoesolas, o Director do Instituto Mapfre, o Director Xeral de Tráfico e varios técnicos municipais do departamento de Enxeñería e do Gabinete de Tráfico.
O programa da Semana Europea da Mobilidade organizado polo Concello de Lugo continúa esta fin de semana cun bo número de actividades.
Coincidindo coa celebración da Semana Europea da Mobilidade o Concelleiro de Protección da Comunidade e Transportes, José Rábade, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiron hoxe á posta en marcha dunha nova base de do servizo municipal de préstamo de bicicletas Rebicíclate.
A Semana Europea da Mobilidade constitúe unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea desde o ano 2000 que pretende influír a longo prazo en cuestións relacionadas coa mobilidade e os transportes urbanos, así como mellorar a saúde e a calidade de vida dos cidadáns europeos.
A Semana Europea da Mobilidade constitúe unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea desde o ano 2000 que pretende influír a longo prazo en cuestións relacionadas coa mobilidade e os transportes urbanos, así como mellorar a saúde e a calidade de vida dos cidadáns europeos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- …
- seguinte ›
- última »