Os campos municipais José María Rodríguez Lago, situados en As Gándaras, acollerán o vindeiro luns 25 e martes 26 de marzo o IV Torneo Semana Santa “Trofeo Lugo Express”, organizado pola ADC Sagrado Corazón, co apoio do Concello.
O Executivo de Paula Alvarellos, a través das área de Cohesión Territorial e Trasición Ecolóxica, destina 591.796 euros a ampliar a rede municipal de augas e ao acondicionamento de varias vías na zona rural.
O Executivo de Paula Alvarellos vén de dotar ao servizo de Protección Civil dun vehículo pick up equipado con coitela quitaneves e esparcidor de sal para actuar ante situacións de emerxencia por neve ou xeo.
A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, ofrece nos meses de abril, maio e xuño, un curso gratuíto de pesca deportiva no Río Miño, de cinco horas de duración, totalmente de balde para a mocidade lucense de entre 18 e 38 anos.
O dispositivo especial de limpeza organizado polo do Concello de Lugo con motivo da celebración universitaria A Carballeira recolleu máis de 10.690 quilos de lixo en Fingoi.
O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, recibiron a dous grupos de estudantes do Colexio Franciscanos de Lugo.
O edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, denunciou este martes os actos vandálicos levados a cabo esta madrugada no parque infantil de Campo Castelo –recentemente renovado–, que supuxeron o estrago de dúas camas elásticas.
O Goberno local e Gestagua abren as portas, a partir deste mércores 20 de marzo, da depuradora e a potabilizadora, as dúas instalacións de xestión do ciclo integral da auga más importantes da cidade, a estudantes de primaria e secundaria con motivo do Día Mundial da Auga, que se conmemora o 22 de
A concelleira responsable da área de Participación, Cristina López, recibiu na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Sagrado Corazón de Lugo.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, fixo entrega este venres, 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, dos galardóns Entre Mulleres, premio co que o Concello de Lugo quere visibilizar as achegas das mulleres lucenses en todos os eidos da nosa sociedade en prol da igualdade.