A concellería de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, promove tres novos cursos, totalmente de balde, dirixidos á mocidade lucense a través do programa +XTi, cofinanciado polo Ministerio de Sanidade, a través do Plan Nacional sobre Drogas.
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira responsábel da área de Participación, Cristina López recibiron na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Casás.
Esta mañá, no transcurso dos traballos de humanización e peonalización da rúa Ramón e Cajal enmarcadas no proxecto Corazón Verde, foron descubertos restos arqueolóxicos de orixe romana. Trátase de varios tramos de muro de cachotería de lousa.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acudiu esta mañá á recepción da obra de derriba e acondicionamento da parcela do Garañón.
A Concellería de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, abrirá o vindeiro luns as inscricións para participar nun curso práctico de manexo de dróns, totalmente de balde, destinado á mocidade lucense de entre 15 e 39 anos.
O Goberno local, a través da concelleira de Deportes e Xuventude que dirixe Jorge Bustos, abre hoxe o prazo de inscrición para diversas actividades enmarcadas dentro do +Xti, unha programación organizada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo esta mañá o primeiro encontro institucional co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, desde que tomou posesión como rexedora.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, avanzou hoxe a proposta de nomeamento do novo director xeral de Urbanismo.
Continúan avanzado as obras de peonalización de Santo Domingo enmarcadas no proxecto Corazón Verde. Nesta nova etapa dos traballos, que comezarán a próxima semana, actuarase na contorna do monumento ao Bimilenario e na zona central da praza de Santo Domingo, fronte ao Convento das Agustinas.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou esta mañá que o Concello xa puxo ao dispor de ADIF os terreos de titularidade municipal necesarios para executar o proxecto da nova estación intermodal lucense.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »