O Goberno local, a través da concelleira de Deportes e Xuventude que dirixe Jorge Bustos, abre hoxe o prazo de inscrición para diversas actividades enmarcadas dentro do +Xti, unha programación organizada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo esta mañá o primeiro encontro institucional co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, desde que tomou posesión como rexedora.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, avanzou hoxe a proposta de nomeamento do novo director xeral de Urbanismo.
Continúan avanzado as obras de peonalización de Santo Domingo enmarcadas no proxecto Corazón Verde. Nesta nova etapa dos traballos, que comezarán a próxima semana, actuarase na contorna do monumento ao Bimilenario e na zona central da praza de Santo Domingo, fronte ao Convento das Agustinas.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou esta mañá que o Concello xa puxo ao dispor de ADIF os terreos de titularidade municipal necesarios para executar o proxecto da nova estación intermodal lucense.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo xa a súa primeira reunión de traballo coa Asociación de Veciños Centro de Lugo na que informou do avance das obras de peonalización intramurallas.
O edificio Impulso Verde acolleu este venres unha xunta directiva do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia.
A Alcaldía de Lugo ultima unha colaboración co centro de Formación Profesional As Mercedes que permitirá ao servizo municipal de Protección Civil operar drons desenvolvidos por este centro educativo nunha contorna operativa real.
O Concello de Lugo abordará este xoves a mellora do firme prevista na rúa San Marcos.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, visitou as instalacións do parque móbil, situadas no Parque da Milagrosa, para coñecer os novos vehículos que veñen de incorporarse á flota municipal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »