O Concello de Lugo acometerá en vindeiros días o repintado do aparcadoiro nas inmediacións do Hospital Universitario Lucus Agusti (HULA), medida coa que quedarán habilitadas en total 500 prazas gratuítas.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este luns a nova programación de Concertos Didácticos, que arrincará mañá martes no colexio Salesianos Divina Pastora e se desenvolverá ata o 9 de xuño nun total de 19 centros educativos lucenses.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha trintena de alumnos e alumnas de terceiro de primaria do colexio lucense As Mercedes, que viñan acompañados de cinco mestras.
O Concello de Lugo vén de cambiar placas en diferentes rúas e prazas da cidade. Trátase da rúa Ruíz de Alda e da praza Comandante Manso, que son xa rúa Luis Cordeiro e Praza Mártires de Carral. Este cambio de nome súmase á antiga Teniente Coronel Teijeiro, que leva un mes como Lois Peña Novo.
O Gabinete Municipal de Accesibilidade mantivo este venres unha xuntanza na que adoptaron distintos acordos, coa finalidade de seguir avanzando nun Lugo máis accesible, tal e como deu a coñecer o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro.
O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e o presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron este mércores os novos cadernos de xadrez para os nenos e nenas dos centros educativos públicos do municipio.
A Xunta de Goberno deste mércores aprobou a contratación mediante lotes da subministración e transporte de áridos reciclados, de zahorra e de gravilla para regos co fin de levar a cabo as obras de mantemento das vías de titularidade municipal.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou a importancia do coñecemento doutras culturas, doutros países e doutros idiomas durante a visita que realizaron á Casa Consistorial 27 alumnos daneses dun instituto da cidade de Roskilde, próxima a Copenhague, que se atopan de intercambio estes días no c
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres no Instituto Sanxillao no acto de clausura das xornadas de Ciencia aplicada Cociña, coas que colabora o Concello.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este venres no Salón de Plenos aos 12 alumnos alemáns do instituto Eduard-Spranger Gymnasium da cidade de Landau, próxima a Estrasburgo, que están de intercambio nestes días co instituto San Xillao.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 192
- 193
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- …
- seguinte ›
- última »