O Executivo municipal anunciou este mércores o cambio do horario do Centro de Novas Tecnoloxías, situado na Praza Anxo Fernández Gómez, contiguo á Casa Consistorial.
O Executivo de Paula Alvarellos, a través da área de Benestar Social, que dirixe Olga López Racamonde, incrementará nun 22,5% a partida do servizo de Xantar no Fogar, elevando a súa consignación até os 257.848 euros anuais. O servizo licítase por dous anos máis outros dous prorrogables.
O equipo de Goberno mantivo esta mañá unha reunión de seguimento do acordo programático para o mandato 2023-2027 na que evalou os avances no proxecto de cidade e expuxéronse os retos de futuro.
Esta mañá o Concello de Lugo celebrou a súa Comisión Especial de Contas na que se deu traslado da desestimación por parte do órgano de Intervención das alegacións presentadas aos orzamentos municipais para 2024.
A Concelleria de Xuventude e Deportes que dirixe Jorge Bustos presentou esta mañá unha nova edicion do Circuíto Larsa Corre con Nós 2024 que mantén o apoio do grupo LARSA como patrocinador principal durante os últimos
O Concello de Lugo presentou este venres na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2024, unha cidade ‘naturalmente irresistible’, a campaña coa que o executivo municipal aposta por un turismo de calidade e sostible.
O Tentente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con representantes da asociación de Mulleres Empresarias.
O edil de Deportes, Jorge Bustos, celebrou que o circuíto municipal Jorge Prado vaia acoller unha proba do Mundial de Motocrós de 2024, segundo informou este mércores nas súas redes sociais o propio piloto lucense.
A área de Participación Cidadá continúa a presentación do Calendario de 2024 elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, visitou as instalacións do parque móbil, situadas no Parque da Milagrosa, para coñecer os novos vehículos que veñen de incorporarse á flota municipal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »