O Goberno local e Gestagua abren as portas, a partir deste mércores 20 de marzo, da depuradora e a potabilizadora, as dúas instalacións de xestión do ciclo integral da auga más importantes da cidade, a estudantes de primaria e secundaria con motivo do Día Mundial da Auga, que se conmemora o 22 de
O Concello de Lugo opta a dous obradoiros cos que pretende xerar 42 novos empregos. Trátase de dous procesos de capacitación, un de xardinería e albanelaría, de doce meses de duración, e outro de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais que duraría 9 meses.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este luns as novas oficinas do SEPE na cidade, situadas na antiga escola de Enfermería, no barrio da Residencia.
O Executivo de Paula Alvarellos vén de incorporar seis novos proxectos empresariais ao CEI-Nodus municipal.
A concelleira responsable da área de Participación, Cristina López, recibiu na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Sagrado Corazón de Lugo.
O centro municipal de información europea, Europe Direct Lugo, situado no CEI Nodus, convoca conxuntamente co Europe Direct da Coruña o XI Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia baixo o lema Europa preto de ti, co obxectivo de que os participantes presenten obras que simboli
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, avanzou hoxe ao tecido hostaleiro da cidade - Asociación Provincial APEHL e Lugo Monumental - que nas vindeiras semanas se lles trasladará o borrador da nova Ordenanza municipal que rexerá a colocación de terrazas na cidade co fin de que poidan estudar o do
A Concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anuncioou que a Unión de Consumidores de Galicia realizará unha charla informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios en Lugo.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o presidente da Deputación, José Tomé, reafirmaron hoxe o compromiso dámbalas dúas Administracións por continuar apoiando o labor da Protectora á que lle reiteraron o ofrecemento de dotala de material mentres non se constrúan as novas instalacións.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, efectivizou esta mañá a toma de posesión da nova secretaria xeral do Concello, Ana María Rivas García, quen exerceu nos últimos
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »