O Alcalde de Lugo rebaixarase o salario un 9% en solidariedade cos funcionarios do Concello que tamén verán diminuídos os seus soldos como consecuencia do plan de axuste aprobado polo Goberno.
Como anunciara o día que o presidente do Goberno anunciou no Congreso o recorte de salarios dos funcionarios, López Orozco vaise rebaixar o seu salario que ten conxelado dende hai dous anos igual ca o resto da corporación municipal.
A Mesa Local de Comercio analizou o impacto que terá na economía da cidade o traslado do Centro de Especialidades na xuntanza que celebrou esta mañá no Concello.
O traslado do Centro de Especialidades da praza do Ferrol ó novo Hospital foi o asunto principal que se analizou na xuntanza da Mesa Local de Comercio da que forman parte o Concello, a Federación de Comercio e a Asociación de Hostaleiros da provincia de Lugo.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou esta mañá na entrega de diplomas ao alumnado participante en diferentes accións formativas dirixidas a persoas desempregadas. Neste acto que tivo lugar no Centro de Empresas e Innovación participou tamén a Xefa Territorial de presidencia da Xunta de Galicia Marta Barreiro Castro.
Un total de 35 persoas participaron no 2009 nos seguintes cursos:
- Empregado de Xestión Financeira de Empresas (500 horas)
A Mesa de Contratación do Concello de Lugo aprobou esta mañá a proposta de adxudicación a Construcciones y Piedras FIGRAS para a realización da obra da cuberta dunha pista de tenis do recinto deportivo do Parque da Milagrosa.
Esta obra, incluída no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Social, esta financiada cun orzamento de 400.000 euros. A empresa contará cun total de 22 traballadores para levar a cabo esta actuación (14 contratos actuais e 8 novos).
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, indicou que a Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá, fóra da orde do día, o proxecto de expropiación definitivo do plan Paradai que contará cun importe total de 185.000 euros.
Méndez indicou que se trata dun proxecto “elaborado da man da Comisión de seguemento do Plan Paradai da Xunta de Galicia, chegando a acordos e negociacións, co que conseguimos salvar 17 edificacións”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez,recibiron esta tarde na Casa do Concello a un grupo de once empresarios das cidades colombianas de Bogotá e Medellín.
Os empresarios colombianos están a participar nunha visita á cidade convidados pola Cámara de Comercio e que están a compartir diferentes experiencias en canto aos seus negocios de vinos, licores e alimentos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participaron na clausura da I Xuntanza de Empresas de Patrimonio e Turismo que tivo lugar hoxe, 18 de maio, no CEI-NODUS coa participación de numerosas empresas do ámbito cultural e turístico.
Os obxectivos da xornada foron:
Na xornada, que se celebrou en instalacións do Centro de Empresas e Innovación, participaron una vintena de emprendedores interesados na creación de novos proxectos empresariais.
O CEI asesora ós emprendedores sobre as axudas ás que se poden acoller e tamén estuda a viabilidade dos seus proxectos para determinar se son empresas con futuro.
No ano 2009 creáronse 47 empresas do total de 215 que recibiron asesoramento do CEI. Foron case o doble dos proxectos empresariais que se crearon no ano 2008.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou esta mañá unha Xuntanza organizada polo Concello para promover o uso de madeira galega no mobiliario urbano de terrazas. No encontro participaron hostaleiros, arquitectos e estudantes da Escola de Artes Ramón Falcón.
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a apertura do procedemento de adxudicación da contratación do servizo para a redacción do proxecto de reurbanización e renovación de servizos na N-VI Travesía de Nadela segundo explicou a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- …
- seguinte ›
- última »