O Alcalde, de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real, e o Delegado da Consellería de Traballo, Miguel Vázquez Calvo, fixeron entrega hoxe dos diplomas ás 262 persoas que recibiron formación durante o ano 2006 nos cursos organizados polo Centro de Empresas e Innovación.
Este grupo de alumnos formouse no Centro de Empresas a través de 20 accións formativas relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á empresa.
Trece destas accións englóbanse dentro do Plan FIP, concedidas pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e finan
O Concello de Lugo convertiuse xa nun exemplo de accesibilidade aos centros históricos en localidades do sur de Europa.
O Parque terá unha pérgola, fontes, iluminación ornamental, miradores, unha área de xogos infantís e máis elementos de lecer.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, visitaron as áreas rehabilitadas polo obradoiro de emprego Natureza Viva para facer realidade o Parque dos Paxariños. O Alcalde anunciou que a finais deste ano estará concluída “esta obra histórica”.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou hoxe a proposta das actividades formativas do Proxecto Parque para directivos e xerentes do polígono do CEAO.
Como explicou a Concelleira, son cursos elaborados conxuntamente entre a Universidade de Santiago de Compostela (entidade encargada de impartilos) e os empresarios do CEAO. Na súa confección atendeuse tamén a un estudo de necesidades formativas elaborado pola Fundación Caixanova sobre o máximo aproveitamento das novas tecnoloxías por parte das empresas.
A Xunta de Goberno Local de onte aprobou o expediente de concesión de obra pública para a explotación e mantemento da minicentral hidroeléctrica da Fábrica da Luz.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentaron as xornadas transnacionais Muller, emprego e calidade social que se celebrarán en Lugo os días 27 e 28 de setembro.
Os empresarios beneficiaranse de rede WIMAX, numerosos cursos de formación e auditorías medioambientais, entre outros
O Concello de Lugo e a Asociación de Empresarios do Ceao, a través do denominado Proxecto Parque, puxeron en marcha ambiciosas medidas que convertirán ó polígono industrial nun referente internacional.
O XVI Congreso da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais Abrir novos espazos e sacudir os comportamentos, que se celebra na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo e que reunirá ata o vindeiro sábado 22 a mais de 250 expertos, foi inaugurado este xoves, día 20.
Ao acto oficial asistiron o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela; o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga; o presidente da Sociedade Española de Medicina e Seguridade no Traballo, Francisco de la Gala e
O Concello de Lugo sumarase a primeiros do mes de maio ao proxecto Mentor, a través da firma dun convenio coa Consellería de Educación. Así o anunciou hoxe a Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real.
Mediante este convenio, os lucenses terán a oportunidade de poder formarse en novas tecnoloxías a través dun aula virtual.
Estas aulas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que necesiten ampliar, actualizar o comezar coa súa formación en novas tecnoloxías e noutro tipo de formación.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentaron hoxe os cursos formativos que dende o Concello de Lugo se ofrecen ós lucenses desempregados.
Como indicou a Concelleira de Economía, o Concello está a traballar para poder competir cuns recursos humanos ben preparados e non por salarios baixos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- seguinte ›
- última »