O Executivo local conclúe o parque da Lembranza coa instalación dun conxunto escultórico en homenaxe ás vítimas e aos colectivos involucrados na loita contra a pandemia. A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, supervisou esta mañá os traballos de instalación da escultura.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, vén de recibir de parte do equipo redactor o novo Plan de Emerxencias Municipal.
O Goberno Local anunciou este venres un corte provisional no acceso peonil ao adarve da Muralla na Porta da Estación.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo Intendente da Policía local, Jesús Piñeiro, informou esta mañá dun novo peche dun local de ocio nocturno por varios incumprimentos graves da normativa.
A área de Transición Ecolóxica, que dirixe o edil Miguel Fernández, mantén aberto o prazo de solicitudes para para a ocupación e o uso temporal das parcelas destinadas a hortos urbanos sitas nas fincas de titularidade municipal anexas ao Parque dos Paxariños, na ladeira entre a ronda das Fontiñas
Os concelleiros de Benestar Social e Dinamización Económica, Olga López e Mauricio Repetto, participaron este martes no auditorio do Vello Cárcere na xornada Xustiza Social, organizada pola Rede TIL de Técnicos/as de Inserción Laboral de Lugo.
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira responsábel da área de Participación, Cristina López recibiron na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Casás.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo unha xuntanza esta mañá con José María Seijas, Presidente da Federación de Comercio de Galicia. Este foi o primeiro encontro de caracter institucional que a rexedora mantén co representante da entidade de comerciantes.
O novo director xeral de Urbanismo do Concello de Lugo, Hipólito Pérez, tomou posesión da súa praza esta mañá.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, mantivo un encontro cos xerentes da firma lucense Perusiñas, dedicada á producción e comercialización de galletas gourmet, elaboradas nun obrador no Centro de Empresas e Innovación do C
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »