Área de Sostenibilidade Urbana

Actualidade

A concellería de Medio Ambiente incrementa os medios e o persoal do servizo de limpeza durante o San Froilán
Venres, 30 de setembro de 2022

O operativo estará composto por unha vintena de medios técnicos e ao redor de 30 operarios e operarias que farán fincapé nas contornas con maior actividade e afluencia de público.

O persoal dotarase de medios eléctricos, para diminuír a emisión de ruidos, e de triciclos para baleirar continuamente as papeleiras e supervisar o percorrido das charangas.

O Concello aumentará o número de colectores e instalará en distintos puntos da cidade 43 cabinas de aseo, 10 delas para persoas con mobilidade reducida.

A carestía dos custos de produción obriga ao Concello de Lugo a volver licitar a execución dos novos espazos verdes da Garaballa
Xoves, 29 de setembro de 2022

Os prezos dalgúns materiais disparáronse até o 50% nun ano debido á inflación, entre eles a madeira, debido tamén á elevada demanda que ten pola súa versatilidade como solución construtiva con menor pegada de carbono.

A actuación contempla a creación de 12.610 m² de zonas axardinadas cun alto valor ecolóxico e paisaxístico e de hortos urbanos con funcionalidade terapéutica e didáctica.

Xoves, 29 de setembro de 2022

O importe da súa explotación sae a concurso por un mínimo de 1.500 €/mes para favorecer a concorrencia de ofertas.

A concesión se ofrecerá por un prazo de cinco anos, prorrogables por outros cinco.

A edil Paula Alvarellos convida ao empresariado local a concorrer á oferta e destaca o valor engadido das instalacións “dentro da zona verde máis emblemática da capital”.

Lugo recibe o Premio Boas Prácticas Locais polo Clima que dan os Concellos de España polo seu barrio multiecolóxico
Venres, 23 de setembro de 2022

Miguel Fernández recolleu este venres o galardón durante un acto que tivo lugar en Málaga, no marco da Asamblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima.