
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acudiu esta mañá á celebración das probas do Campionato de España de Motocross que se disputan no circuíto municipal Jorge Prado.

“Sendo sinceros, non hai moitas pistas do mundo que sexan como a de Lugo, só un 1% son iguais ou mellores que o noso circuíto”, sostivo Jorge Prado esta tarde durante a recepción que lle ofreceu a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na Casa Consistorial.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pechou hoxe con Jorge Prado, que interveu por videoconferencia, os últimos flecos do Campionato de España de Motocros que se celebrará este fin de semana (días 25 e 26) no novo circuíto municipal que leva o seu nome.
O Concello de Lugo informa de que, durante a mañá do vindeiro xoves, 23 de febreiro, quedará restrinxida a circulación no tramo da Rolda da Muralla comprendido entre a porta Bispo Odoario e a porta de Santiago co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da proba ciclista O Gran Camiño.

O Goberno de Lara Méndez finaliza hoxe as obras de mellora do firme de dúas estradas municipais nos lugares de Teicelle e o Caínzo, denominadas a pista de Teicelle e a da Ferrería. Ambas localizadas na parroquia de Santalla de Lamas.
Este domingo, 19 de febreiro, o paseo do río Rato acollerá a proba Corre con Nós - Cinto Verde a partir das 12.00h.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno nesta provincia, Isabel Rodríguez, copresidiron esta mañá, no Concello, unha nova Xunta Local de Seguridade, neste caso para abordar o dispositivo que se porá en marcha con motivo da celebración dunha proba do Campionato de España de Mo

Ante o aumento de estorniños detectados no centro da cidade nas últimas semanas, o Executivo de Lara Méndez activou desde Medio Ambiente unha nova campaña, dentro do labor ordinario que se realiza durante todo o ano, para vixiar o seu asentamento ata ter controlada á poboación.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro Medio Rural, Miguel Fernández, mantiveron unha reunión coa veciñanza do núcleo rural de Cima de Vila, en Pedreda, para explicarlles de primeira man as obras de abastecemento, que están en proceso de licitación, e contestar as súas dubidas.

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, vén de mellorar os accesos as núcleos de Santa María Alta e Matelo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »