O Servizo Municipal de Prevención de Drogodepencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, inicia mañá, venres 31 de outubro, unha nova edición do programa Cinensino.
Este programa, que se engloba dentro do Plan Nacional contra a Drogadicción, contempla a proxección de tres películas, unha por trimestre, que posteriormente son traballadas individualmente polos asistentes con fichas que se lles repartirán á finalización das proxeccións.
O programa deste curso iniciarase coa proxección do filme Los seis signos de la luz.
Continúa aberto o prazo para presentar os traballos ao concurso de deseño gráfico Diversiarte 2008 organizado pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre. O obxectivo do certame é elexir o cartel anunciador do programa programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade como se ven facendo dende fai sete anos.
Os autores deberán reflexionar sobre a discapacidade co obxectivo de sensibilizar e promover a idea de que na diversidade é posible a igualdade.
A Concellerira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na presentación dos XII Xogos Autonómicos de Baloncesto, Special Olympics Galicia que se celebrarán esta fin de semana en Lugo.
Na presentación deste evento deportivo no que participarán ao redor de 400 deportistas con discapacidade intelectual estiveron tamén presentes o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao; a Presidenta de ASPNAIS, Concepción Teijeiro; a delegada de vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez; o director deportivo da
Mañá, xoves 23 de outubro a partir das 12:00 horas, desenvolverase nas rúas próximas á Praza Maior de Lugo a actividade Nonétrivial, aplazada a semana pasada por mor do tempo. Trátase dunha nova instalación de Luz Darriba, promovida pola Casa da Muller do Concello de Lugo,que depende da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre. Esta iniciativa consiste na exposición urbana dun macro xogo de preguntas e respostas.
Onte martes, día 21 de outubro, saíron publicadas no BOP de Lugo as bases xerais reguladoras das subvencións para mellora da accesibilidade e habitabilidade de vivendas de persoas maiores dependentes que serán concedidas polo Concello de Lugo.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou esta mañá as bases do concurso de deseño gráfico Diversiarte 2008, co fin de elexir o cartel anunciador do programa programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade como se ven facendo dende fai sete anos.
A edil explicou que para elaborar o cartel anunciador das actividades os autores deberán reflexionar sobre a discapacidade e para sensibilizar sobre que na diversidade é posible a igualdade.
O pasado 23 de setembro celebrábase o Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, e no número 30 da revista Foeminas analízase en profundidade todos os problemas que se desenvolven entorno a esta lacra social.
Para iso, na Portada neste novo número expoñese a análise dos editores sobre o problema nu artigo titulado Facer diñeiro co que sexa… Neste mesmo apartado ofrécese a segunda parte da reportaxe realizada sobre o colectivo MAGÉNTA, un grupo integrado maioritariamente por homes, que loitan pola igualdade de xén
A actividade Nonétrivial que estaba previsto que tivera lugar hoxe xoves 16 de outubro, aplázase por mor do mal tempo. Esta actividade organizada polo Concello de Lugo aprazarase á finais da semana que ven, próximamente publicarase a data na que se e desenvolverá nas rúas próximas á Praza Maior.
Será unha paga única de 200 euros, que suporá un incremento do 4,3% para estas pensións
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 283
- 284
- 285
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- 291
- …
- seguinte ›
- última »