
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades relacionadas coa cultura tradicional galega organizadas dentro do San Froilán 2023.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou a terceira edición Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA, unha proposta cultural que terá lugar a fin de semana do 23 e 24 de setembro.

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo autorizará aos distintos locais de hostalería da cidade a instalación de caldeiros na rúa para vender polbo durante o San Froilán.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo se unirá á campaña Chama á vida do Ministerio de Sanidade coincidindo coa celebración, o vindeiro domingo 10, do día mundial para a prevención do suicidio.

Rubén Arroxo, Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron as tres primeiras actividades do programa do San Froilán 2023.

Lugo converterase o próximo 8 de setembro no epicentro da Unión Europeo en materia de envellecemento e retos demográficos. O executivo de Lara Méndez está a definir, en colaboración co equipo designado polo Ministerio, os últimos aspectos que moldean esta reunión de alto nivel.

O Concello de Lugo comezará este próximo luns a xirar o recibo do imposto de circulación, coincidindo coas datas establecidas no calendario fiscal.

Informar para concienciar. Con este obxectivo a área de Xuventude do Concello de Lugo, que dirixe o edil Jorge Bustos, pon en marcha unha nova campaña de sensibilización sobre o consumo responsable de alcol en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL).

O Executivo de Lara Méndez vén de implantar diferentes medidas preventivas de aforro de auga, encamiñadas a minorar a situación de estiaxe que sofre o Miño ao seu paso polo municipio.

O Executivo de Lara Méndez porá en marcha este próximo curso escolar un servizo de asesoría en liña a través do que se prestará asistencia e apoio en materia de igualdade e violencia de xénero ao alumnado dos catro cursos de ESO e FP, así como á comunidade estudantil de 5º e 6º de Educación Prima
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »