O xoves 26 de xullo o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa co seu Ciclo de Cine de Verán na Rúa coa proxección da película Cielo de Octubre.
Terá lugar na Praza do Castiñeiro ás 22:30 horas e será a terceira proxección deste ciclo que continúa o 9 e o 23 de agosto.
A Concelleira de Muller e Servizos Socais, Carmen Basadre, recibiu ás 11:30 horas no Salón de Plenos do Concello ao grupo de nenos saharauis que están a convivir durante o verán con nove familias lucenses.
Esta recepción encádrase dentro do convenio de colaboración entre o Concello e a ONG “Solidaridade Galega co Pobo Saharaui” para o proxecto “Vacacións en Paz”.
A edil felicitou ás familias de acollida pola súa solidariedade e pola súa lección de convivencia.
O Concello de Lugo realizará unha viaxe á aula da natureza do Veral, organizada dentro das actividades de Animación Sociocultural da Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
Esta excursión terá lugar o 20 de xuño, entre as dez e a unha da mañá, e o prazo de inscrición para a mesma realizarase os días 23, 24 e 25 deste mes, en horario de mañá (de dez a unha) e de tarde (de cinco a sete).
Esta excursión está destinada a toda a poboación a través dos centros sociais de Lamas de Prado, Fingoi, Uxío Novoneyra e Milagrosa, cun límite de oito prazas por centro.
A praza Maior acollerá mañá, martes, ás seis da tarde, a entrega de premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello de Lugo con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
Esta actividade consistiu nunha xornada de convivencia e integración de colectivos con discapacidade co medio ambiente que se celebrou o sábado e na que participaron 15 rapaces e rapazas.
A Consellería de Sanidade promove a posta en marcha dun total de seis programas preventivos no último ano e medio
Esta mañá asináronse 79 convenios, con 64 asociacións e concellos, entre eles o de Lugo, cunha contía que supera os 12 millóns de euros
Ao acto acudiu a delegada do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, Carmen Moya García
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2007.- A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, salientou que neste 2007 destinaranse 3.560.024 millóns de euros á prevención de drogodependencias,
A Concellería de Muller e Servizos organiza unha excursión a Pontevedra e á praia de Montalvo, encadrada na programación de actividades de verán.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa ese sábado co programa San Ocio, unha nova campaña coa que se pretende loitar contra a drogodicción mediante o uso do deporte e do ocio en xeral.
A actividade de “San Ocio” está programada para desenvolverse en catro puntos da cidade, específicamente nas zonas da Piringalla (IES Pirinagalla), en Lamas de Prado (IES Leiras Pulpeiro), no Sagrado Corazón (CEIP Sagrado Corazón) e na zona de San Lázaro (CEIP A Ponte).
O Concello de Lugo celebrará durante a próxima semana a clausura do programa de animación sociocultural dos centros sociais, que se desenvolveu na cidade dende o mes de outubro.
Os actos de clausura celebraranse todos os días da semana ás doce da mañá. O luns será a vez do Centro Social Lamas de Prado, o martes do Uxío Novoneyra, o mércores do Sagrado Corazón, o xoves en Fingoi e o venres na Milagrosa.
Nestes pequenos actos de clausura está prevista a participación dos habituais dos obradoiros e do resto de actividades celebradas.
Este sábado, día 21 de xullo ás 19:00 horas, terá lugar no Polideportivo de Frigsa a clausura do Curso de formación especializada en baile latino, organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias. Esta actividade está encadrada dentro do programa +xti e foi subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.
As quince parellas que realizaron o curso protagonizarán unha exhibición de baile de ritmos latinos na que amosarán o talento adquirido ao longo destes dous meses de aprendizaxe.
Os cativos das Colonias de Verán Multideporte organizadas polo Azkar Prone participarán este mércores, día 8 de agosto, nunha xornada de convivencia cos nenos do barrio do Castiñeiro.
Esta actividade encádrase dentro dun programa de xornadas de convivencia, entre os nenos que participan nas colonias do Azkar e os rapaces de diferentes barrios de Lugo, que organiza a Concellería de Muller e Servizos Sociais.
Comezará ás 10:30 da mañá e durará arredor de dúas horas. Os rapaces compartirán actividades ao aire libre cos cativos do barrio do Castiñeiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 283
- 284
- 285
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- 291
- …
- seguinte ›
- última »