Alcaldia
Actualidade

A alcaldesa, Lara Méndez, puxo en valor a obra chamada a ser un novo reclamo turístico e cultural da capital.
O mural pasa a integrarse, así, no conxunto de espazos públicos rexenerados a través da arte urbana como a rúa do Esquecemento, As Casas Sindicais ou a Praza da Liberdade.
Para a súa construción, o autor, Manuel Pallín, contou co asesoramento da directora do Museo Provincial de Lugo e do arqueológo municipal.

O Vello Cárcere será o escenario da reunión á que asistirá, alén do ministro de Asuntos Exteriores, a vicepresidenta da Comisión Europea para Democracia e Demografía e diversos secretarios de Estado.
Unha delegación do Ministerio visitaba estes días a cidade, onde foi recibida pola rexedora, Lara Méndez, para abordar a organización do evento.
A xornada, que ten por obxectivo impulsar un proxecto cunha estratexia renovada para as e os maiores, contará coa participación dos colectivos lucenses.
“Porque Lugo conta para o Executivo central e así nolo está a demostrar con feitos como a rotonda de Alfonso X, a Estación Intermodal ou a inclusión do municipio no Corredor Atlántico de Mercadorías”, afirmou a alcaldesa.

Na iniciativa, enmarcada dentro da Semana de Prevención de Incendios do Concello, participaron 500 alumnos e alumnas de catro centros educativos da cidade.
Na sesión de mañá, aberta ao público, os servizos de emerxencia do municipio farán un simulacro para amosar como traballan coordinadamente na abordaxe dun accidente.

A alcaldesa aprema á Consellería de Medio Ambiente a paralizar de inmediato a creación de vivenda social no barrio e a construíla noutra parte da cidade.
“Os prazos das axudas europea siguen correndo, polo que instamos á Xunta a aproveitalas, tendo en conta que en Lugo hai máis de 1.300 persoas demandantes”, afirmou Méndez.
A rexedora acudía esta mañá á reunión técnica solicitada polo Concello e facía fincapé na predisposición que sempre amosou para estudar todas as posibilidades, atendendo as peticións da Plataforma veciñal, como foi co acordo plenario.