Actualidade

Ex., 25-04-2024
Ex., 25-04-2024
Luns, 25 de marzo de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos recibe na Casa Consistorial aos altos cargos da Armada con motivo da celebración do Luns Santo

Os representantes da Institución acudiron un ano máis á cidade para participar nos actos organizados na honra da Virxe da Esperanza.

“A presenza dos membros da Armada nas nosas rúas durante esta xornada non só é un símbolo de respecto e colaboración, senón tamén unha mostra da unidade que existe entre as forzas armadas e Lugo”, sinalou a rexedora.

Sábado, 23 de marzo de 2024
Maite Ferreiro e Cristina López inauguran o festival We Tattoo, que difundirá as artes corporais esta fin de semana na Praza de Abastos

O Festival conta coa participación de 5 negocios tatuadores lucenses, ademais de influencers e durante toda a xornada haberá animación musical e mostras das escolas lucenses de baile

Cristina López: "Seguimos promocionando á Praza e ao Mercado como espazos polivalentes nos que acoller distintas actividades para todos os públicos"

Sábado, 23 de marzo de 2024
O campo municipal José María Rodríguez Lago, nas Gándaras, acollerá un torneo de fútbol base con 500 rapaces e rapazas

Terá lugar o vindeiro luns e martes organizado pola ADC Sagrado Corazón co apoio do Concello e reunirá a 36 equipos chegados de toda a comunidade e da provincia de León.

Jorge Bustos: “Lugo converterase nunha das cidades máis importantes do fútbol base de toda Galicia, dándose cita no noso municipio moitas das mellores canteiras do país”.

Venres, 22 de marzo de 2024
As áreas de Cohesión Territorial  e Transición Ecolóxica destinan 591.796 euros a ampliar a rede municipal de augas e ao acondicionamento de vías no rural

O Executivo de Paula Alvarellos acometerá con cargo ao Plan Deputación tres proxectos de abastecemento e saneamento nas parroquias de Pías, Cimadevila e Saamasas.

A proposta do Goberno local destina máis de 330.000 euros desta liña de financiamento á mellora do firme en camiños e estradas de distintas parroquias.

“O obxectivo é utilizar esta ferramente para executar obras que temos programadas, o que nos permite traballar de forma paralela noutros proxectos destinados a cubrir as necesidades desta zona do municipio”, sinalou González Abelleira.

Venres, 22 de marzo de 2024
Xuventude ofrece un curso gratuíto de pesca deportiva no río Miño impartido polo pentacampeón do mundo, David Arcay

Trátase da segunda edición desta iniciativa que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano con gran éxito. Terá lugar nos meses de abril, maio e xuño.

Jorge Bustos: “É unha magnífica ocasión tanto para iniciarse neste deporte como para mellorar a técnica, pois contaremos cun docente de luxo cun palmarés envexable”.

En total haberá 48 prazas dispoñibles, divididas en 4 grupos, dous de iniciación e outros dous de perfeccionamento. As inscricións abrirán este martes 26 en www.lugomasxti.org

Xoves, 21 de marzo de 2024
O Goberno de Lugo continúa o paseo das Palabras do Ano da rúa Menorca coa Palabra do Ano 2023, décima palabra do ano escollida desde o comezo da iniciativa

Maite Ferreiro e Rubén Arroxo visitaron a rúa Menorca xunto co presidente da RAG, Víctor Freixanes.

Rubén Arroxo: "continuamos un ano máis con esta iniciativa para poñer en valor a lingua galega e para visibilizar esta iniciativa anual do Portal das Palabras".

Páxinas