Actualidade

Ex., 18-04-2024
Ex., 18-04-2024
Xoves, 11 de abril de 2024
Recursos Internos lamenta a falta de colaboración amosada por parte da Xunta de persoal e do Comité de empresa e cualifica a súa conducta como “desleal”

“Por parte do Goberno local estánse a desenvolver os traballos conforme a folla de ruta pactada nas xuntanzas da Mesa Xeral de Negociación. Non se entende que agora se pretenda deixar de lado o acordado”, señalou Permuy.

“Respectamos a legitimidade dos traballadores e traballadoras a reivindicar os seus dereitos laborais pero consideramos que o camiño emprendido polas Organizacións Sindicais non é o maís axeitado para acadar avances nesta materia”, indicou o edil.

Mércores, 10 de abril de 2024
Cohesión Territorial inicia a campaña contra a proliferación da avespa velutina co reparto de 2.500 trampas e 8.000 dosis de líquido de reclamo

“Trátase dunha medida pensada para favorecer a erradicación desta praga, que está a prexudicar gravemente á autóctona e xera situacións de alarma entre a poboación pola súa rápida proliferación”, sinalou González Abelleira.

En 2023 logrouse eliminar máis de 6.000 raíñas desta especie invasora na contorna rural do municipio con este mesmo sistema implementado coa implicación da veciñanza.

“Ante a inacción da Xunta, a administración competente neste materia, é necesario que desde o Concello sigamos asumindo este labor”, explicou a edila. 

Martes, 09 de abril de 2024
Cristina López participa no peche dos obradoiros da zona rural organizado en Orbazai

A concelleira amosou o seu compromiso por "ampliar o alcance das asociacións con estes novos cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros".

A área de Participación puxo a disposición das asociacións veciñais da zona rural unha serie de obradoiros de distintas temáticas.

Martes, 09 de abril de 2024
Medio centenar de cidadáns daneses visitan o edificio Impulso Verde

O inmoble cumpre, a través das visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente internacional do modelo de cidade que lidera a alcaldesa Paula Alvarellos.

Martes, 09 de abril de 2024
Paula Alvarellos: “O papel dos pedáneos e das pedáneas é fundamental na xestión municipal e clave para o desenvolvemento do noso rural”

A alcaldesa e a edila de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro cos responsables parroquiais para tratar diversos temas de interese para estas áreas do municipio.

A rexedora anunciou que o próximo 15 maio, coincidindo co Día do Mundo Rural e a celebración de San Isidro Labrador, o Goberno local organizará un acto de homenaxe a esta figura na Casa Consistorial.

Pola súa banda, González Abelleira explicou as melloras que se implementarán no funcionamento dos locais veciñais co obxectivo de optimizar o seu funcionamento e dar cabida á intensa actividade destes puntos de encontro.

Martes, 09 de abril de 2024
Rubén Arroxo e Alexandre Penas amosan as instalacións da Casa Consistorial a estudantes do colexio Franciscanos

Os edís explicaron o funcionamento do Concello e contestaron ás preguntas e suxerencias da mocidade.

Nun xogo realizado coas nenas e nenos, simulouse un Pleno Municipal onde o grupo de escolares propuxo distintas iniciativas.

Luns, 08 de abril de 2024
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 5 ao 7 de abril/24.

Sábado, 06 de abril de 2024
A Tenencia de Alcaldía colabora co oitavo FaCeLa Fest, festival de música independente que terá lugar no exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire

Maite Ferreiro: "continuamos a apoiar un festival xa consolidado, que realiza unha importante aposta pola presenza feminina e polos grupos de Lugo".

O festival volverá celebrarse este ano na fin de semana do 9 ao 11 de maio.

Páxinas