Actualidade

Ex., 24-04-2024
Ex., 24-04-2024
Martes, 20 de febreiro de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos insta á Xunta a determinar unha situación alternativa para instalar a zona pública de baño na contorna fluvial

O obxectivo desta iniciativa é non perder máis tempo nin recursos públicos en atoparunha localización que Patrimonio Natural exeitada, xa que todos os informes técnicos presentados polo Concello respaldando a zona autorizada foron rexeitados.

“A pesar da vontade política e o investimento dedicado a este fin, atopámonos coa negativa sistemática do Goberno autonómico opoñéndose a que os e as lucenses fagan uso da concesión por 25 anos que esta Administración ten autorizada no río Miño”, sinalou Miguel Fernández.

O texto recolle que, se fora preciso, o Concello de Lugo comprométese a sufragar parcial ou totalmente o custo dos devanditos traballos.

Martes, 20 de febreiro de 2024
Xuventude promove tres novos cursos de reparación de móbiles, creación audiovisual e reciclaxe de prendas a través do programa +XTi

A través destas actividades o executivo municipal achega unha alternativa de ocio saudable á mocidade lucense e busca potenciar a súa inserción laboral.

“Trátase de propostas formativas moi demandadas e atractivas para os mozos e mozas, destacando como novidade o curso de Upcycling téxtil”, explicou Jorge Bustos.

As inscricións realizaranse a través da web: www.lugomasxti.org En total haberá 59 prazas dispoñibles, que se irán reservando por rigorosa orde de entrada das solicitudes.

Luns, 19 de febreiro de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese co presidente da Federación de Comercio de Galicia

A rexedora interesouse pola situación do colectivo e expuxo as distintas liñas de actuación que o seu Executivo leva a cabo en apoio ao comercio local e en prol da dinamización do tecido empresarial lucense.

 
Domingo, 18 de febreiro de 2024
Maite Ferreiro recibiu a máis de 40 promotores turísticos que visitaron Lugo esta fin de semana

Representantes de axencias de viaxes de toda a península percorreron, dende a cidade de Lugo, os puntos máis singulares da provincia.

Ferreiro amosou o seu compromiso “estamos a converter Lugo no epicentro do turismo xa que estamos a menos 100km dos lugares máis importantes de Galiza e amosamos con orgullo o noso pasado galaico-romano”.

Venres, 16 de febreiro de 2024
As obras de peonalización de Ramon y Cajal destapan varios tramos de muro de cachotería de orixe romana

O achadonon afectan ao desenvolvemento das obras, xa que os labores continuarán por outra zona desta vía mentres o servizo de arqueoloxía procede a limpalos, estudalos e ditaminar a súa relevancia arqueolóxica.

“A vontade do noso Executivo é traballar para documentar o noso patrimonio, xa que supón unha oportunidade para todas e todos os lucenses polas posibles repercusións culturais e dinamizadoras que a súa conservación implica para Lugo”, sinalou a alcaldesa Paula Alvarellos.

Venres, 16 de febreiro de 2024
Toma posesión o novo director xeral de Urbanismo

A firma foi presidida pola alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, que estivo acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, así como polos xefes dos servizo de Arquitectura, Urbanismo e Arqueoloxía e o secretario municipal.

“Esta dirección xeral vai ser unha ferramenta imprescindible para este concello e para todo o seu desenvolvemento urbanístico. Sabemos da túa valía, do teu coñecemento”, sinalou a rexedora.

“Desempeñarei este labor con obxectividade e imparcialidade e sempre en defensa de Lugo e os seus veciños e veciñas”, sinalou Hipólito Pérez.

Páxinas