Actualidade

Ex., 29-03-2024
Ex., 29-03-2024
Xoves, 01 de febreiro de 2024
Alvarellos: “Entra en vigor o orzamento de 2024, unhas contas cunha clara proxección social que acadan a cifra record de 121,8 millóns”

O gasto social supón o 30% do presuposto, consolídase o impulso económico a través de Lugo Trasforma e avánzase na rexeneración dos barrios.

Resérvanse máis de 2’5 millóns euros para peonalizacións e humanizacións en prol dunha mobilidade máis funcional, acorde co modelo da cidade.

Investiranse 1.202.990 euros para mellorar zonas verdes de esparexemento e 1.411.356 euros na conclusión dos 4 proxectos previstos dentro da estratexia do Corazón Verde.

 O responsable da área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, afeou a “actitude de boicot permanente” amosada pola oposición, á que acusou de confudir a varios colectivos para retrasar a entrada en vigor do documento.

Mércores, 31 de xaneiro de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos anuncia que o Concello xa puxo ao dispor de ADIF os terreos de titularidade municipal necesarios para executar a estación intermodal

Trátase de dúas parcelas, unha de 200,19 e outra de 464,60 metros cadrados, que se atopan nas inmediacións da actual estación de tren e que resultan imprescindibles para acometer a completa reurbanización.

A rexedora asistiu hoxe á primeira reunión da comisión de segimento desta infraestrutura, na que tamén participaron técnicos municipais, de ADIF e da Xunta.

“Estamos convencidos de que a mellora das nosas comunicacións é un factor determinante para poder expandir o noso tecido produtivo e fixar poboación”, afirmou a rexedora.

Mércores, 31 de xaneiro de 2024
O Concello de Lugo súmase á xornada de loito en memoria do expresidente da Comisión Europea, Jacques Delors

As bandeiras da Casa Consistorial ondean a media asta en memoria do expresidente que xogou un papel esencial na adhesión de España e Portugal á Unión Europea.

Mércores, 31 de xaneiro de 2024

As instalacións municipais adiantarán unha hora a súa apertura á cidadanía, dende as 09:00 ata as 14:00 horas; mentres que pola tarde quedará a disposición do tecido social e para formación interna do funcionariado.

Mércores, 31 de xaneiro de 2024
Benestar incrementará nun 22,5% a partida do servizo de Xantar no Fogar, reforzando esta prestación dirixida a persoas vulnerables

A Xunta de Goberno Local aprobou iniciar o procedemento de licitación do servizo, aumentando o importe máximo da prestación até os 257.848 euros anuais, polo que o valor estimado do contrato ascende a 1.190.067 euros na súa duración máxima.

Olga López: “A suba do prezo da lista da compra é o aspecto clave que nos leva a iniciar unha nova contratación. O obxectivo é que a calidade do servizo non se vexa afectado polo incremento do prezo da vida.”

O novo servizo incrementa o número de menús que se servirán anualmente ata un mínimo 41.460, polos 41.292 que se licitaron no anterior.

Martes, 30 de xaneiro de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos comunica á veciñanza da zona centro que se manterá a actual configuración de Santo Domingo

A rexedora mantivo xa a súa primeira reunión de traballo coa Asociación de Veciños na que informou do avance das obras de peonalización intramurallas.

Esta noite, a partir das 21 horas, comezarán os traballos de reparación do firme en Rúa Nova e San Marcos que estarán rematdos a primeira hora da madrugada.

Alvarellos Fondo comunicou ao colectivo que o Concello empezará a notificar de oficio aos residentes para que poidan confirmar os seus datos e abrirá un prazo para rexistrar novos usuarios dentro dunha fase de probas do sistema de control de accesos.

Luns, 29 de xaneiro de 2024
O equipo de Goberno aborda as débedas históricas coa cidade nunha reunión de seguimento do acordo programático

Tras o encontro, a alcaldesa Paula Alvarellos valorou o labor desenvolvido conxuntamente desde o inicio do mandato e os avances nun modelo de cidade sostible cunha proxección netamente social.

“Continuamos a esixir á Xunta a construción de viveda pública, a mellora de servizos como a sanidade ou a educación, o cumprimento do Plan Paradai, o desbloqueo da zona pública de baño ou a rehabilitación integral do barrio da Tinería”, afirmou Alvarellos.

O tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, afirmou que "nos últimos anos desde o Goberno de Lugo traballamos para mellorar a imaxe do centro da cidade, pero seguimos a ver como a zona da Tinería continúa a estar nun estado de total abandono".

Páxinas