Actualidade

Ex., 29-03-2024
Ex., 29-03-2024
Mércores, 07 de febreiro de 2024
Paula Alvarellos acada o compromiso do delegado do Goberno de “apoiar por todos os medios a rexeneración da Milagrosa e Barrio Feijoo”

O custo estimado das intervencións que contempla o proxecto ascende a 10.730.707 euros e implicaría tamén afrontar expropiacións por valor de 8’5 millóns para crear unha gran zona verde.

“Quixemos que este tema fora o principal deste primeiro encontro tendo en conta a sensibilidade por parte do Executivo Estatal pola rehabilitación de vivenda, con todas implicacións sociais que ten para os barrios nos que se leva a cabo”, sinalou a rexedora.

Pola súa banda, o delegado Goberno manifestou que “reivindicamos a colaboración entre administracións polo ben común. Por iso, apoiamos a Concellos como o de Lugo, no proxecto de transformación da cidade”.

Martes, 06 de febreiro de 2024
Paula Alvarellos: “A arte urbana é unha ferramenta estratéxica no proceso de rexeneración que estamos a executar”

A alcaldesa de Lugo mantivo un encontro esta mañá co artista Manuel Pallín, autor do mural Copora, terceiro clasificado no ranking mundial Street Art Cities en 2023.

“A aposta pola arte urbana impulsada por este Goberno reflíctese na mellora dunha contorna de gran valor patrimonial que ademais sitúa a Lugo no mapa, ao convertelo no único espazo do mundo que conta con dous recoñecementos deste tipo”,  dixo.

A rexedora agradeceu a implicación do muralista e reforzou o seu compromiso por seguir traballando para mellorar a cidade a través da arte urbana coa promoción de futuros proxectos.

Luns, 05 de febreiro de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos nomea a un xurista experto en urbanismo como director xeral desta área do Concello

O xurista e experto en urbanismo Hipólito Pérez será o encargado de desempeñar un traballo de coordinación dos servizos de Urbanismo, Licenzas, Arquitectura e Arqueoloxía.

“O seu perfil, cunha extensa e relevante experiencia laboral ao fronte de diferentes postos de responsabilidade, resulta máis que idónea para este labor, así que estamos moi satisfeitos de que se incorpore ao equipo”, destacou a rexedora.

Esta nova incorporación, sumada ás medidas implementadas nos últimos anos desde o Goberno local, reverteu nunha mellora substancial na tramitación situando a Lugo como a cidade galega que máis licenzas concedeu en 2023 ata o mes de agosto.

Luns, 05 de febreiro de 2024
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 2 ao 4 de febreiro/24.

Sábado, 03 de febreiro de 2024
Máis de 1200 persoas rexistradas no Circuito Corre con Nós a un día do peche da listaxe

O vindeiro sábado 10 de febreiro, a partir das 20 horas e como proba nocturna, celébrase na contorna de Ramón Ferreiro a primeira carreira do ano.

Desde o proximo xoves dia 8 de febreiro e ata o mesmo dia da proba, as persoas participantes poderan recoller o seu dorsal e o seu chip na tenda oficial do evento, Inter Sport Lugo.

Venres, 02 de febreiro de 2024
Máis de 15.000 persoas participaron na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico promovida polo Concello de Lugo

A iniciativa, celebrada ao longo do 2023, incluíu unha ampla variedade de eventos, desde mostras de teatro, cine a concertos, festivais de arte urbán ou exposicións.

Paula Alvarellos destacou “o éxito do programa, que supuxo a celebración no noso municipio de máis dunha trintena de actividades nas diferentes disciplinas artísticas”.

“Convertemos Lugo nunha fiestra aberta á riqueza cultural da eurorrexión, situándonos no mapa cultural internacional”, subliñou a rexedora.

Venres, 02 de febreiro de 2024
A peonalización de Santo Domingo avanza e entra nunha  nova fase de urbanización

Os traballos executaranse na contorna do monumento ao Bimilenario e na zona central da praza de Santo Domingo, fronte ao Convento das Agustinas.

A ordenación de tráfico non varía de forma substancial con respecto ao esquema actual. Aínda que o itinerario de saída desde a rúa Armañá e a zona da Praza de Abastos canalizarase pola zona de Santo Domingo máis próxima a San Marcos.

A Alcaldía informou deste progresos á asociación de veciños Centro de Lugo, a entidade Lugo Monumental, ao colectivo de distribuidores e ao gremio de taxistas.

Páxinas