Actualidade

Ex., 23-04-2024
Ex., 23-04-2024
Xoves, 07 de marzo de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos destina 255.000 euros a modernizar os equipos de intervención específicos do corpo de bombeiros

A alcaldesa visitou este xoves o parque municipal para coñecer de primeira man o novo equipamento que facilitará o traballo diario dos efectivos deste servizo.

“Este investimento repercutirá nunha mellora da seguridade dos traballadores e vaise traducir nuha redución dos tempos de atención a cidadanía en caso de emerxencia”, apuntou a rexedora.

A nova dotación inclúe traxes de intervención para incendios de tipo estrutural, vestimenta de rescate técnico de alta visibilidade, roupas especiais de auga e material de rescate acuático.

Xoves, 07 de marzo de 2024
A Casa da Muller atendeu en 2023 preto de 1.000 consultas sobre asesoramento xurídico, atención psicolóxica e violencia de xénero

O 60% do total correspóndese con consultas sobre cuestións xurídicas como trámites por separación ou divorcios, impagos de pensións, sentenzas incumpridas, etc.

Só o ano pasado abriuse expediente no centro a 153 novas usuarias que solicitaron atención deste servizo municipal e recibiron axuda dos seus profesionais de forma gratuíta.

Ademais, de cara á infancia e mocidade, puxéronse en marcha os programas Aprende Xogando e o Programa Socioeducativo de prevención da violencia de xénero.

Mércores, 06 de marzo de 2024
Os meses de xaneiro e febreiro de 2024 foron os meses con máis usuarios desde que se rexistran datos, con 182.518 usuarios en xaneiro e 180.072 en febreiro     Arroxo: "os datos dos últimos anos demostran que a reforma das liñas está a ser un éxito e que cada vez máis xente opta polo transporte público"

Os meses de xaneiro e febreiro de 2024 foron os meses con máis usuarios desde que se rexistran datos, con 182.518 usuarios en xaneiro e 180.072 en febreiro.

Arroxo: "os datos dos últimos anos demostran que a reforma das liñas está a ser un éxito e que cada vez máis xente opta polo transporte público".

Martes, 05 de marzo de 2024
O Concello actualiza as normas de cesión e uso dos locais do CEI-Nodus para potenciar o ecosistema emprendedor lucense

A Xunta de Goberno Local aprobará esta semana a nova normativa que introduce cambios e melloras con respecto á vixente, do ano 2012.

Repetto: “Buscamos facilitar unha maior rotación nos locais, dando oportunidades a todas e todos os interesados en poñer en marcha os seus proxectos neste viveiro empresarial”.

Os solicitantes só poderán optar a un local e as cesións de uso terán unha vixencia temporal de doce meses, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de 3 anos.

Luns, 04 de marzo de 2024
O equipo de Goberno visita o auditorio de Magoi para abordar a súa apertura

“Estamos a definir distintos aspectos relacionados coa administración, programación e mantemento do complexo no que é necesario que varias áreas municipais traballen de forma coordinada”, sinalou a rexedora tras a xuntanza”.

A posta a disposición da veciñanza do novo complexo será posible tras un investimento municipal que supera os 310.000 euros, orzamento dedicado a solucionar os máis de 200 danos e defectos construtivos que presentaba o inmoble cando foi entregado pola xunta.

Pola súa parte, Rubén Arroxo, valorou o traballo que se esta a realizar polas distintas áreas do Concello para lograr que esta dotación entre en funcionamento.

Luns, 04 de marzo de 2024
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 1 ao 3 de marzo/24.

Domingo, 03 de marzo de 2024
Maite Ferreiro anuncia a nova exposición ‘Barbie: Cine e moda’, que achegará ao MIHL unha gran colección da boneca máis famosa do mundo

A mostra está formada por máis de 180 Barbies de coleccionista, todas elas edicións limitadas e únicas no mundo.

Ferreiro: “Trátase da primeira exposición en todo o estado dirixida ao mundo do cine e a moda; combinando cultura, historia e diversión para todos os públicos”.

Sábado, 02 de marzo de 2024
Cristina López anuncia as actividades organizadas no Cemiterio Municipal para o 1º semestre do ano

A partires do 10 de marzo voltarán as tradicionais representacións da man de Achádego Teatro.

Haberá actividades especiais coincidindo coa celebración do Día da Muller, o Día do Pai e o Día da Nai.

Páxinas