Actualidade

Ex., 19-04-2024
Ex., 19-04-2024
Xoves, 14 de marzo de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos licita o novo contrato de Axuda no fogar, no que investirá 33,9 millóns nos próximos 5 anos

O contrato incorpora novidades encamiñadas a garantir a calidade da atención prestada e as condicións dos traballadores e traballadoras. Ademais incorpora unha nova figura técnica que fará labores de coordinación e valoración das necesidades dos usuarios.

“A través desta ferramenta realízase un traballo de atención, coidado e acompañamento que ten un valor incalculable para as persoas maiores á vez que logramos favorecer e potenciar a súa autonomía persoal”, sinalou a edila de Benestar Social.

“Ante a falta de compromiso que o Goberno autonómico evidencia en materia social, apostamos por realizar esta enorme mobilización de recursos municipais para asegurar unha atención de calidade para este colectivo”, apuntou Olga López.

Xoves, 14 de marzo de 2024
O CEO de Street Art Cities visita Lugo para coñecer os murais de Yoe33 e Diego As, promovidos polo Concello e premiados internacionalmente

Tim Marschang entregou a Manuel Pallín o recoñecemento como terceiro mellor mural do mundo de 2023 da súa obra ‘Copora’. Acompañados de Diego As e Jorge Bustos percorreron os murais da cidade.

O edil de Xuventude agradeceu “a súa contribución á promoción internacional de Lugo a través da plataforma da que é fundador” e puxo en valor a aposta do Executivo pola arte urbana como “instrumento de rexeneración dos espazos públicos”.

“O Urban Cores é un exemplo do profesionalismo que xorde desde a base no grafiti e demostra que esta arte ten o seu lugar nunha cidade tan antiga como Lugo”, afirmou Tim.

Mércores, 13 de marzo de 2024
Transición Ecolóxica presenta a nova frota de vehículos encargados da recollida de lixo e a limpeza viaria

Trátase dunha completa e especializada maquinaria que incorpora tecnoloxía punteira para labores específicos e que funciona con fontes de enerxía alternativas.

“A nosa aposta pola redución de emisións, a redución da contaminación acústica e a vangarda tecnolóxica tradúcese nun incremento da calidade de vida da veciñanza e nunha optimización do funcionamieto do servizo”,sinalou a alcadesa.

“Ademais dos beneficios ambientais e a maior eficiencia na execución do traballo, lógrase un substancial aforro económico ao reducir os custos de mantemento”, explicou Miguel Fernández.

Martes, 12 de marzo de 2024
O centro municipal de información europea, Europe Direct Lugo, convoca o XI Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia

O certame, organizado conxuntamente co Europe Direct da Coruña, celebra a súa décimo primeira edición baixo o lema “Europa preto de ti”.

Para participar as fotos deben enviarse ao correo cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com dende onde serán subidas automaticamente á páxina de Facebook do concurso.

Cada centro fará entrega de dous premios, cun total de 4 premios individuais a repartir: os gañadores recibirán unha cámara de fotos e os segundos clasificados unha tablet.

Martes, 12 de marzo de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos anuncia o inicio inmediato dun proceso de regularización das terrazas de hostalaría

A mandataria asinará un Bando habilitando o prazo dun mes para legalizar aquelas que son autorizables e retirar as que ocupan zonas de carga e descarga e prazas de estacionamento.

A rexedora comunicoullo esta mañá ao sector co que tamén se reunirá proximamente para abordar a nova Ordenanza municipal que rexerá a colocación destas instalacións.

“Cando dispoñamos do borrador definitivo, iniciaremos un traballo conxunto para que acheguen as súas propostas e melloren un documento que será estratéxico para a ordenación e a estética da cidade”, afirmou Alvarellos Fondo.

Luns, 11 de marzo de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos homenaxea a figura de Guiti elixindo un deseño seu como cartel do Arde Lvcvs 2024

O arquitecto e socio-fundador da asociación Pax Romana tiña preparado unha ilustración para participar no concurso de carteis, que finalmente foi o seleccionado a proposta dos colectivos de recreación histórica da cidade. 

A alcaldesa destacou que “a súa habilidade e paixón polo dibuxo fixo que a súa aportación na festa como escribano sexa intanxible”. 

Ana Cortón, muller do autor, mostrou o seu agradecemento coa rexedora e o edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, pola súa aposta por este deseño.

Páxinas