Actualidade

Ex., 26-09-2022
Ex., 26-09-2022
Luns, 29 de agosto de 2022
Medio Ambiente reforza o coidado do Carme coa contratación dun servizo de mantemento e desbroce específico para o barrio

Miguel Fernández supervisou os traballos, que inclúen tarefas de roza, limpeza das vías públicas e o acondicionamento dos camiños e parcelas municipais.

O edil fixo un novo chamamento á responsabilidade de todos para conservar o patrimonio natural, especialmente na zona, que sufre accións incívicas que a deterioran.

Este dispositivo súmase ao labor ordinario que leva a cabo a nova adxudicataria do servizo de limpeza, EcoLugo, que se encarga do aseo viario e a recollida de residuos.

Sábado, 27 de agosto de 2022
Un segundo estudo ratifica o baixo número de mexilóns atopados na zona da plataforma de baño pública proposta polo Concello

A escasa presenza de exemplares permitiría a súa traslocación e, polo tanto, a instalación das piscinas flotantes de xeito respectuoso co medio ambiente e co hábitat do río Miño.

A nova mostraxe inclúese nas alegacións que o executivo de Lara Méndez presentou tras as negativas da Xunta a colocación da estrutura, que ten autorización por 25 anos.

O edil de Medio Ambiente lamenta que a Xunta non atendese xa ao primeiro informe porque “os e as lucenses estaríamos gozando da área de baño desde hai moitas semanas”.

Venres, 26 de agosto de 2022
O Concello de Lugo incrementa a eficacia do servizo de control de pragas cun maior orzamento para atender ao crecemento da cidade

A área de Medio Ambiente, que dirixe Miguel Fernández, aumentou en máis dun 30% o presuposto destinado a este labor co obxectivo de atender ás novas rúas e ás súas canalizacións.

Co novo contrato, que xa está en vigor, habilitouse un número de contacto directo, o 637.84.31.44, para que a cidadanía poida comunicar os avisos.

O edil fai fincapé na importancia do civismo para evitar que roedores e insectos saían á superficie en busca de restos que se depositan fóra dos colectores.

Xoves, 25 de agosto de 2022
O Caudal Fest Lugo suma un novo concerto, o último de Izal en Galicia, nunha edición que aspira a bater o récord de asistentes

A exitosa banda española pecha o cartel do festival, impulsado polo Goberno de Lara Méndez, que se celebrará o 16 e 17 de setembro na contorna do río Miño.

Izal súmase a nomes como Robe, Estopa ou Morad como grandes atractivos desta cita, que en edicións anteriores deixou máis de 3 millóns de euros no municipio.

A rexedora sostén que esta cita é “clave xa para captar un turismo de calidade de festivais, acadando en anteriores edicións un retorno económico de máis de 3 millóns de euros”

Este venres anunciarase a distribución dos artistas por días e o vindeiro luns, ás 12:00 horas, poñeranse á venda as entradas para cada xornada.

Mércores, 24 de agosto de 2022
Mauricio Repetto recibe no Concello aos triatletas chilenos e mexicanos que prepararon o Mundial nas instalacións municipais

Estiveron acompañados polo Cidade de Lugo Fluvial que vén de proclamarse gañador da Liga Nacional de clubs e que representará a España no Europeo.

O edil subliñou que “é un orgullo e un privilexio que estes fantásticos deportistas escollan a nosa cidade para adestrarse e preparar probas de máximo nivel”.

“Xa nos trasladaron a intención de repetir de novo a estadía o próximo ano para a preparación das Olimpíadas que se celebrarán en París”, avanzou Repetto.

Crisanto Grajales, Irving Pérez ou Cecilia Pérez son olímpicos que repiten Lugo como cidade de concentración pola calidade das intalacións e a súa contorna.

Mércores, 24 de agosto de 2022
O Executivo de Lara Méndez apoia con 166.000 euros de achegas municipais aos clubs deportivos da cidade

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxediversas subvencións nominativaspara favorecer a continuidade do labor que desenvolven estas entidades.

Mércores, 24 de agosto de 2022
O Executivo de Lara Méndez prepara a remodelación integral e ampliación da área de xogos infantís de Montirón

A intervención responde ás peticións que a veciñanza da zona lle fixo chegar á rexedora para acondicionar este espazo, moi frecuentado polas familias da contorna.

O recinto disporá de elementos atractivos e accesibles para crianzas con diversidade funcional en prol dunha maior integración.

A área de Medio Ambiente avanza, así, na materialización dun ambicioso programa de actuación nos parques da capital para melloralos e crear outros novos.

Páxinas