Actualidade

Ex., 03-10-2023
Ex., 03-10-2023
Xoves, 14 de setembro de 2023
Alexandre Penas: “o asfaltado da avenida das Américas completarase unha vez remate a renovación da canalización rede eléctrica por parte de Begasa”

Alexandre Penas: “traballamos conxuntamente para garantir o mellor estado desta rúa, unha das principais vías de entrada a Lugo”.

O Goberno de Lugo inviste 84.322€ na renovación do asfalto a rúa Pomar e a Fonte dos Ranchos.

Xoves, 14 de setembro de 2023
As condicións vantaxosas coas que o Concello aluga os locais do viveiro da Tinería atraen a máis dunha vintena de emprendedores

Acompañados do edil de Dinamización Económica coñeceron in situ os 6 establecementos que o Executivo de Lara Méndez pon a disposición dos interesados por un período de seis anos.

“A elevada participación na visita guiada que organizamos dende o Concello pon de manifesto o interese que esperta esta iniciativa municipal”, explicou Mauricio Repetto.

As rendas, que oscilan entre os 18,59€ e os 133,82€ mensuais, supoñen o 30% do importe total que o Concello pagará ao Instituto Galego de Vivenda e Solo polo uso dos locais.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro día 29 de setembro.

Xoves, 14 de setembro de 2023
Lara Méndez destaca o talento deportivo local na presentación da XXXVII Copa Galicia de Baloncesto que a cidade acolle esta fin de semana

A rexedora destacou o compromiso do Executivo local por fomentar o deporte base e puxo en valor o traballo de todo o tecido deportivo e asociativo lucense por desenvolver esta tarefa en cada barrio.

A alcaldesa agradeceu a implicación dos organizadores para facer posible que Lugo viva unha fin de semana repleta de actividades deportiva alén da competición de elite.

“É preciso avanzar en materia de igualdade no mundo do deporte, xa que, visto os últimos acontecementos, comprobamos que sigue sendo tremendamente necesario”, reivindicou.

Mércores, 13 de setembro de 2023
Lara Méndez supervisa os labores de montaxe do recinto do Caudal Fest, que este ano contará con dous escenarios e música ‘non-stop’

A rexedora, acompañada do edil de Dinamización Económica, coñeceu in situ a evolución dos traballos, a falta de dous días para que comece a edición máis multitudinaria da cita.

O festival desenvólvese “nunha contorna natural inmellorable, que estamos a potenciar a través de diferentes actuacións enmarcadas na nosa estratexia DUSI”, subliñou Méndez.

O Concello reforzará o dispositivo de seguridade respecto a outras edicións e tamén haberá un Punto Violeta, no que se prestará un servizo de atención e sensibilización.

Mércores, 13 de setembro de 2023
O San Froilán 2023 contará cun espectáculo con monólogos de coñecidos humoristas

O espazo O San Froilán sorrí  celebra este ano a súa segunda edición coa participación de Danny Boy Rivera, Oswaldo Digón e David Perdomo.

A praza da Mosqueira acollerá o espazo humorístico do San Froilán  o 12 de outubro a partir das 20h.

Mércores, 13 de setembro de 2023
O Concello intensificará o martes a vixilancia policial en Frigsa para garantir que a nova organización do mercadiño se implante sen incidencias

A medida, de carácter preventivo, coincide coa entrada en vigor dos cambios decretados pola área de Participación Cidadá sobre a distribución das e dos vendedores autorizados.

Dende as 7 da mañá, máis dunha ducia de axentes da Policía Local controlarán tanto a montaxe das instalacións como o desenvolvemento da actividade ata a súa finalización.

Martes, 12 de setembro de 2023
Alexandre Penas: “a Xunta ten que facer os traballos pertinentes para reparar as filtracións do CEIP Menéndez Pelayo”

As inspeccións realizadas na instalación por parte dos servizos técnicos municipais mostran que non existe “ningunha deficiencia puntual ou localizada que puidera ser orixe da entrada de auga e eso é competencia da Xunta de Galiza”.

O concelleiro de Infraestruturas explicou que “pode ser precisa unha intervención integral sobre a cuberta debido a que pode tratar de un fallo estrutural”.

Martes, 12 de setembro de 2023
Volven as visitas teatralizadas ao cemiterio municipal da man de Achádego Teatro

A concelleira de Participación, Cristina López, anunciou que a próxima cita será o domingo 17 a partir das 17:30.

As entradas poden solicitarse na Oficina Municipal de Turismo ou chamando ao Cemiterio Municipal.

Páxinas